Estás en:Novas

O proxecto ‘Transformando en Brión’, protagonista no Pazo de Mariñán

A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Brión, celebrou no Pazo de Mariñán a xornada 'Espazos de traballo colaborativo para o sacrificio de aves e coellos: unha contribución á sustentabilidade das pequenas explotacións agrogandeiras'.

Foi unha xornada dirixida a produtores do sector agrogandeiro, consumidores públicos e privados e ao persoal técnico de diferentes ámbitos como administracións públicas, vinculadas á produción neste sector, ás universidades ou aos técnicos vinculados ao desenvolvemento rural e local. O evento levouse a cabo a través de diferentes conferencias, mesas de experiencias e unha dinámica de grupo que se prolongou durante todo o día.

A xornada desenvolveuse a través dunha reflexión sobre as limitacións coas que contan as pequenas explotacións de produción artesanal no sector agrogandeiro e un afondamento nas vantaxes que ofrece a xestión colaboradora de espazos de traballo para o sacrificio de aves e coellos procedentes destas explotacións e a súa comercialización posterior en termos de calidade e rendibilidade.

Neste sentido, o alcalde de Brión, José Luís García destacou o labor que se está a desenvolver no seu Concello a través do proxecto piloto enmarcado no marco do Plan de emprego local (PEL), concretamente no ámbito PEL Emprende: "'Transformado en Brión' é un proxecto pioneiro para o sector primario da provincia, un apoio á sostibilidade das pequenas explotacións e á produción artesanal. Trátase dun centro de traballo colaborativo (coworking) de ámbito supramunicipal, situado no centro comercial Monte Balado, que estará centrado no sector agrogandeiro e nos produtos ecolóxicos. É unha iniciativa pioneira na provincia coa que queremos facilitar o desenvolvemento de iniciativas empresariais nas comarcas de Compostela, Xallas e Barbanza, ao tempo que poñemos en valor a calidade e a diversidade dos nosos produtos agroalimentarios".

Matadoiro móbil para as pequenas explotacións

O deputado provincial destacou a idea de innovar cun matadoiro móbil que permita compartir os custos que ocasiona o sacrificio dos animais: "'Transformando en Brión'" nace para dar resposta ás demandas do tecido asociativo e empresarial destas tres comarcas, que trasladaron á Deputación da Coruña a necesidade de contar cun espazo colaborativo para transformar e comercializar os produtos agrogandeiros coas mellores condicións de calidade e de seguridade. Somos conscientes de que unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos é a do sacrificio dos animais. Pois ben, a nosa intención é que as explotacións avícolas e cunícolas das nosas comarcas poidan apostar polo sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para o sacrificio estamos pensando en apostar por matadoiros móbiles que mellorarán tanto o benestar animal como a calidade da carne. Se o animal non sufre o estrés do transporte e do manexo ata chegar ao matadoiro, conseguiremos aumentar a calidade da súa carne e, ao mesmo tempo, reducir os custos para as explotacións gandeiras".

Desta forma, poríase en marcha un espazo colaborativo para o sacrificio de aves de pequenas explotacións agrogandeiras ligadas á venda directa e ao comercio de proximidade, de maneira que se asegure o cumprimento dos requirimentos hixiénico-sanitarios necesarios para a comercialización dos seus produtos. García explicou como remataría o proceso: "Despois, no espazo colaborativo de Monte Balado as granxas artesanais disporán do material preciso para o seu envasado e comercialización; para o que previamente terán que recibir a formación axeitada, sobre todo para garantir que o local mantense sempre nas mellores condicións hixiénico-sanitarias"

Na mesma liña, a gandeira francesa Emilie Jeannin promotora do matadoiro móbil francés 'Le boeuf ethique' destacou: "É importante ter en conta os provedores éticos, criadeiros de razas lactantes preocupados pola calidade da carne que producen e o benestar dos seus animais. Estes criadeiros queren participar nun sector ético que valora o seu traballo e o 'saber facer' artesanal de calidade".

Carme Freire, enxeñeira agrícola e labrega destacou a grande demanda existente: "Existe unha demanda crecente de colectivos de consumo: comedores escolares, grupos de consumo, mercados de venda directa en vilas e cidades, pequeno comercio e tendas especializadas en produtos caseiros e establecementos de turismo rural e de restauración aos que hai que atender".

Intervención de numerosos expertos

A xornada contou coa intervención de José Luís García, alcalde de Brión e deputado provincial de Promoción Económica e Emprego; Carme Freire Cruces, enxeñeira agrícola e labrega; Ángel Mari Legasa, agroecólogo da Asociación para a agricultura biodinámica en España (Áraba); Jerónimo Aguado, gandeiro promotor dun matadoiro comunitario en Palencia; Laura Megias, axente de Desenvolvemento Rural do Consorci del Lluçanès (Barcelona); Emilie Jeannin, gandeira promotora do matadoiro móbil 'Le boeuf ethique' (Francia); Germán Crespo Miramontes, enxeñeiro do Servizo de industrias e calidade agroalimentaria da Coruña (Consellería de Medio Rural); Immaculada Cervós Costansa, membro da Subdirección da Agència de Salut Pública de Catalunya; Ángel Viñuela Rodríguez, xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria da Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade) e Luís Couto Lorenzo, inspector veterinario de Saúde Pública Zona  Lalín (Consellería de Sanidade).

Páxinas suxeridas