Estás en:Novas

A Deputación da Coruña recibe o apoio da delegación do Parlamento Europeo na estratexia para a recuperación do Pazo de Meirás

A delegación do grupo de memoria histórica do Parlamento Europeo con representantes de distintos grupos políticos mostrou o seu decidido apoio á estratexia da Deputación da Coruña para a recuperación do Pazo de Meirás como ben público. No salón de plenos da institución, mostraron o seu apoio á liña aberta para poñer fin ao espolio coa liña aberta polo informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña.

"Despois de que Patrimonio Nacional afirmase que non se vía lexitimado a iniciar o proceso dirixímonos ao Ministerio de Presidencia para que tome cartas no asunto e reclame a propiedade do Pazo de Meirás como ben público", dixo Goretti Sanmartín na súa intervención en que relatou o camiño iniciado despois da constitución da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás para a que foron convidados concellos, universidades e entidades de recuperación da memoria histórica.

A vicepresidenta da Deputación explicou que os informes histórico e xurídico encargados abriron as portas á reclamación pola vía xudicial do Pazo de Meirás como ben público, despois de que indican a nulidade do contrato de compravenda asinado en 1940, dous anos despois de que a propiedade fose entregada a Francisco Franco en calidade de xefe do Estado. Tanto os estudos históricos como xurídicos explican que a propiedade foi empregada como residencia oficial do Xefe de Estado, "o que tamén recoñece Patrimonio Nacional e avogacía do Estado na súa resposta", apuntou Goretti Sanmartín que explicou que estaban á espera da resposta do Ministerio de Presidencia porque, seguindo o informe, "é o Estado quen ten que dar un paso adiante para recuperar o Pazo" ao tempo que mostrou a confianza de que, despois de tanto tempo de loita "teñamos na man un camiño sólido cun informe xurídico rigoroso e moi fundamentado que abre un punto de non retorno". Sumou á demanda a Casa Cornide e as estatuas do Mestre Mateo, propiedade do Concello de Santiago, que son exemplos extremos do espolio da familia Franco ao patrimonio público.

Pola súa parte, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso sinalou que gobernan "unha institución que fai estradas, cultura... mais que ten que dedicar recursos e esforzos para intentar que un símbolo como é o Pazo de Meirás volve ao espazo público", Valentín González Formoso e explicou a política de recuperación da memoria histórica como "a mellor das prevencións para que non volva ocorrer" e lamentou a insensibilidade do goberno central á hora de se implicar con contundencia nesta reclamación.

Representantes dos distintos grupos políticos participantes na delegación tomaron a palabra para agradecer á Deputación da Coruña o defender unha política pública da memoria e, de maneira especial, pola súa implicación no proceso de recuperación da memoria histórica. Ana Miranda do BNG, José Blanco, do PSOE, Jill Evans de Plaid Cymru de Gales, Izaskun Bilbao, do PNV, Miguel Urban, de Podemos e Jordi Solé de Esquerra Republicana de Cataluña interviron para reclamar o fin da herdanza do franquismo e, de maneira especial, a devolución dos bens espoliados ao patrimonio público, mostrando tamén o seu apoio á execución do camiño marcado polo informe xurídico que aposta por retirar a propiedade do Pazo de Meirás aos herdeiros da familia Franco coa anulación do contrato simulado de compra-venda e a consideración do inmóbel como residencia oficial do Xefe do Estado.

Páxinas suxeridas