Estás en:Novas

O galego, a miña lingua propia

O galego, a miña lingua propia

O galego, a miña lingua propia

Actividade cultural que irá acompañada dunha charla de carácter sociolingüístico orientada a favorecer a vivencia positiva do noso idioma propio, a estima e valorización individual e social deste e o combate aos tópicos e prexuízos que afectan á súa normalización social. A actividade será impartida por persoas de recoñecido prestixio que destacan no mundo do deporte, da música, da literatura, das redes sociais, do cine, da moda, da pintura ou do teatro.

Podes consultar as fichas das persoas participantes na campaña e a actividade que van impartir aquí

Fichas actividades. O galego a miña lingua propia.pdf

"O galego, a miña lingua propia" nace con vontade de contribuír á posta en valor da lingua galega, ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación máis nova da provincia da Coruña, sempre desde unha perspectiva favorábel á diversidade lingüística e cultural e ao coñecemento e valorización da lingua propia, a galega. Como o principal destinatario é a xuventude, desenvolverase nos centros de ensino de ESO dos concellos da provincia da Coruña aos que se lle concedeu a subvención da Deputación da Coruña para contratar persoal técnico de normalización lingüística, coa finalidade de apoiar este persoal e se ofrezan actividades de dinamización lingüística. Estes concellos son: A Baña, A Coruña, A Pobra, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Coirós, Culleredo, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Mazaricos, Melide, Miño, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Zas e tamén os que forman parte da Mancomunidade de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes,  Trazo e Tordoia).

Datas de maio e xuño e centros de ensino xa confirmados DATAS CONFIRMADAS 040520180.pdf

Nova edición do Correlingua. A lingua non para! correlingua.gal

Páxinas suxeridas