Estás en:Novas

Alumnado de Camariñas debaten na Deputación sobre o futuro de Europa

Coincidindo co Día de Europa, os alumnos do IES Pedra da Aguia de Camariñas visitaron esta tarde a sede da Deputación da Coruña, en cuxo Salón de Plenos realizaron unha simulación dunha sesión plenaria do Parlamento Europeo.

O alumnado foi recibido polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e a oficial maior da Deputación, Amparo Taboada.

González Formoso deu a benvida á Deputación ao alumnado e destacou "as oportunidades que Europa supón para a xente moza no ámbito da educación e o emprego".

"Tócavos a vós, ás vindeiras xeracións debater sobre cal é o modelo de Europa que queremos para o futuro, como afrontar os desafíos e retos que se nos presentan como cidadáns europeos", afirmou o presidente, que felicitou ao IES camariñán polo seu "compromiso con Europa", xa que é un dos catro centros escolares galegos que teñen a condición de Escola Emabixadora do Parlamento Europeo e resultou gañador do concurso Euroescola 2018, organizado pola representación da Comisión Europea en España.

Páxinas suxeridas