Estás en:Novas

A Deputación convoca un concurso de fotografía para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018

O centro Europe Direct A Coruña, pertencente á Deputación provincial, organiza a quinta edición do concurso de fotografía "Cidadáns europeos en Galicia", que baixo o lema "Patrimonio cultural europeo, Preto de ti!" conmemora o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018.

As persoas interesadas en participar deben enviar ao correo electrónico ciudadanoseuropeosengalicia@gmail.com unha ou varias fotografías que reflictan paisaxes, tradicións, costumes, arte, folclore, gastronomía, entre outros temas, de calquera país da Unión Europea.

O gañador ou gañadora deste concurso será premiado cunha cámara de fotos, mentres que a autoría do segundo mellor traballo recibirá unha tableta.

O prazo de presentación está aberto ata o 27 de maio ás 14 horas e poderán participar todas as persoas residentes en Galicia, maiores de 18 anos.

As fotografías deberán enviarse en formato JPG e cunha resolución mínima de 300 píxeles, indicando que se presentan para o concurso de Europe Direct A Coruña e cunha breve descrición sobre o que representa a fotografía.

Páxinas suxeridas