Estás en:Novas

O Plan único da Deputación da Coruña inviste 67,6 millóns nos concellos coruñeses en 2018

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, os investimentos incluídos no Plan único (POS+ 2018), que este ano ascenden a 67.666.441, 67 euros. A esta cifra súmanse ademais os 12 millóns de euros aprobados a través dun expediente modificativo de créditos aprobado na mesma sesión plenaria.

Coa aprobación das partidas de 2018, o Plan único suma 166 millóns de euros investidos nos concellos da provincia da Coruña nos dous anos que leva en funcionamento (2017-2018). "Un investimento histórico", afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que detallou que se trata do maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, xa que distribúe entre os 93 municipios coruñeses, baseándose en criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao presuposto anual da Deputación.

Formoso subliñou que o Plan único "permitirá cubrir necesidades que teñen detrás unha demanda social en cada un dos concellos da provincia" e destacou o "compromiso e a visión de futuro da corporación" por aprobar de forma unánime este programa, que contribuirá a soster 2.000 empregos, permitirá a realización de 402 obras na provincia e axudará a reducir as débedas dos concellos.

Pola súa banda, o deputado responsable da Área de Plans Provinciais, Xosé Regueira, agradeceu o traballo realizado polos concellos e os funcionarios da Deputación para aprobar o Plan único 2018 cun mes de adianto con respecto ao ano pasado e considerou que suporá "un incremento importante da obra pública na provincia".

402 obras nos concellos coruñeses

Un 64% do total dos fondos aprobados hoxe (43,3 millóns de euros) destinaranse a financiar a execución de 402 obras que contribuirán a renovar as infraestruturas dos concellos coruñeses. Parques infantís, obras de saneamento e abastecemento de auga, construción de beirarrúas, melloras na iluminación pública ou construción e reforma de equipamentos sociais, deportivos e culturais son algunhas das obras que os concellos da provincia executarán durante este ano con cargo aos fondos provinciais.

En concreto o POS+2018 destina 16,7 millóns de euros a obras de mellora en núcleos rurais; 12,5 millóns a de pavimentación de vías públicas e construción de beirarrúas; 7,8 millóns a melloras nos sistemas e iluminación pública e obras de saneamento e abastecemento de auga e 1,8 millóns a proxectos de construción e mellora de parques públicos, entre outros.

O POS+ 2018 destina este ano o 27% dos seus fondos (18,4 millóns de euros) a axudarlles a 83 concellos da provincia no sostemento do seu gasto corrente, o que supón financiar os recursos humanos e materiais necesarios para o adecuado funcionamento dos servizos públicos. Grazas a estas axudas, os municipios coruñeses sufragarán gastos que inclúen dende servizos como a axuda no fogar, as escolas infantís ou a recollida de lixo ata cuestións fundamentais como o mantemento da iluminación e de parques e espazos públicos.

Os concellos coruñeses reduciron a súa débeda en 26,5 millóns co apoio da Deputación

O presidente da Deputación subliñou tamén que máis de 5,3 millóns de euros, o 8% do total dos fondos do Plan único aprobados hoxe, contribuirán a seguir reducindo a débeda con empresas e entidades financeiras dos concellos coruñeses. "Trátase dun dos obxectivos estratéxicos deste novo programa, que pretende axudar a sanear completamente as economías municipais antes de 2019", sostivo González Formoso.

Trinta e dous concellos coruñeses amortizarán este ano 4.082.553 euros da súa débeda con entidades financeiras grazas ao Plan único, continuando así o importante labor de saneamento das contas municipais iniciado co Plan de Aforro e Investimento (PAI) e que durante este mandato permitiu reducir a débeda dos concellos coruñeses en 26,5 millóns de euros.

Por outra banda, 17 concellos destinarán este ano 1.275.586 euros das súas achegas do Plan único 2018 ao pago de facturas pendentes, o que contribuirá a reducir o período medio de pago a provedores dos municipios coruñeses.

Neste apartado xa se deixan notar os efectos do Plan único, que o ano pasado permitiulles aos municipios aboar máis de 3 millóns de euros en facturas atrasadas coas achegas do plan, o que repercute positivamente non só nas arcas municipais, senón no tecido empresarial local, conformado en boa parte por pequenas e medianas empresas.

Co 1 % restante dos fondos do Plan único, catro concellos da provincia optaron por usar parte da súa asignación para financiar achegas a outros plans por importe de 440.373 euros, mentres outros catro concellos acometerán a redacción de proxectos con achegas da Deputación por importe de 87.427 euros.

Máis autonomía para os concellos

O Plan único de Concellos (POS+ 2018) ofrécelles aos concellos maior autonomía e flexibilidade á hora de decidir en que investir os recursos asignados pola Deputación, dando resposta á situación e necesidades concretas de cada municipio.

Ademais, o plan parte dunha premisa fundamental: a total transparencia e obxectividade na asignación de recursos, ao basearse nas mesmas variables ponderadas que dende hai máis de 25 anos se veñen usando para o reparto de fondos POS (poboación, extensión do municipio, número de parroquias, esforzo fiscal..), polo que os concellos contarán cunha fonte de financiamento local estable, que lles permitirá coñecer de antemán con que fondos contan en cada exercicio e planificar mellor os seus investimentos.

Un plan "dinámico", cun orzamento que medra ao longo do ano

O portavoz do Grupo Socialista, Bernardo Fernández, destacou que se trata "dun plan vivo e dinámico", que incorpora fondos ao longo do ano e subliñou que no mesmo pleno de hoxe se aprobou un expediente de modificación de créditos que incorpora 12 millóns de euros máis ao orzamento do POS+ 2018.

Bernardo Fernández considerou ademais que, coa aprobación do Plan único 2018 "entérrase definitivamente o argumento utilizado pola oposición o ano pasado, porque todos os concellos reciben máis fondos", sostivo.

O portavoz do PP, Agustín Hernández, pediulle ao goberno provincial "un esforzo para aprobar o máis axiña posible este tipo de actuacións" , mentres que o voceiro de Compostela Aberta, Manuel Dios, mostrou o seu acordo cos "principios xerais do plan", baseado no reparto obxectivo de fondos e na autonomía dos concellos á hora de decidir os investimentos.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: RESUMO DOS INVESTIMENTOS E DISTRIBUCIÓN DOS FONDOS POR CONCELLOS E COMARCAS

Páxinas suxeridas