Estás en:Novas

Intercambio Cultural (Ruth Page e Conservatorio de danza da Deputación)

O Conservatorio Profesional de Danza da Coruña recibe esta semana a visita de Víctor Alexander, director do Ruth Page School Dance de Chicago e algúns alumnos deste centro, no marco dun programa de intercambio.

O alumnado participante no programa, asistirá ás clases do Conservatorio e do Centro Coreográfico de Galicia. Ademais, bailarán na casa museo Emilia Pardo Bazán o próximo venres, con motivo do Día das Letras Galegas.

Esta actividade supón unha experiencia formativa e de intercambio cultural, onde se crean "Amistades que, a pesar da distancia, se conservan".

Coñece as experiencias do intercambio a través do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Coruña.

Páxinas suxeridas