Estás en:Novas

A Deputación da Coruña e a Subdelegación do Goberno suman forzas na loita contra a Violencia de Xénero

A deputada e responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, e as xefas das unidades de coordinación contra a Violencia de Xénero e Violencia contra a muller da Subdelegación do Goberno, Judith Fontenla e Enmanuela Díaz Castro, mantiveron esta mañá unha reunión para abordar a realidade existente en termos de igualdade de xénero e a violencia machista na provincia da Coruña.

A xuntanza, na que tamén participaron a xefa de servizo de Acción Social da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández Albalat e a técnica de Igualdade, Eva Ovenza, serviu para achegar impresións sobre dous dos asuntos que maior preocupación espertan en ambas as dúas institucións, acordándose nesta a celebración de encontros periódicos para implementar accións conxuntas que permitan traballar dun xeito máis eficiente contra a Violencia de Xénero e tamén avanzar no eido da Igualdade.

Durante a xuntanza, a delegación da Deputación da Coruña trasladoulle ás representantes da Subdelegación do Goberno en Galicia un informe con todos os programas e convenios anuais que dende a área de Servizos Sociais da institución provincial se asinan coas entidades do ámbito social. Neste sentido, a deputada e responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, puxo en relevo a importancia de "darlle continuidade a este tipo de encontros" pois "establecer sinerxías contra a Violencia de Xénero e diminuír a desigualdade existente entre homes e mulleres é unha cuestión capital na que deben participar todas as administracións".

Páxinas suxeridas