Estás en:Novas

A Deputación ofrece soporte técnico aos concellos coruñeses para adaptarse á nova Lei de contratos

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables de todos os grupos políticos agás o PP, que se abstivo, os novos pregos- tipo para a contratación das obras integradas nos plans provinciais.

Os pregos e a fórmula de valoración das ofertas económicas para a súa aplicación nos contratos, que foi elaborada en colaboración coa Universidade de Santiago, supoñen a adaptación á nova Lei de contratos do sector público que entrou en vigor o pasado 9 de marzo e que esixe a tramitación de forma integramente electrónica de todos os procesos de licitación e contratación, o que está a ocasionar trastornos nos concellos con menos recursos.

Ante os problemas e dúbidas que xorden coa aplicación da nova lei, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciou hoxe que a institución provincial, dende o seu servizo de Informática e Administración Electrónica, ofreceralles aos municipios da provincia que o soliciten "titorización e apoio técnico para adaptarse aos requirimentos da nova lei".

"Sabemos que se trata dunha adaptación complexa, polo que imos desenvolver accións de formación destinadas a axudar os concellos neste proceso e imos a axudarlles tecnicamente dende o servizo de Administración Electrónica nas primeiras licitacións de forma individualizada", sostivo o presidente.

Deste xeito, a Deputación da Coruña, que vén de aprobar no último pleno un total de 402 obras na totalidade dos concellos coruñeses a través do Plan único, non só financiará os traballos, senón que lles ofrecerá aos concellos os recursos técnicos e humanos necesarios para axilizar o máximo posible a súa tramitación.

Páxinas suxeridas