Estás en:Novas

A Deputación da Coruña conmemora o Día da Saúde Feminina cunha xornada arredor da endometriose

Unha xornada arredor da endometriose organizada pola Área de Benestar Social, Igualdade e Educación conmemorará o dia adicado á saúde feminina. A xornada terá lugar o vindeiro día 1 de xuño ás 18.30 na sede da Fundación Paideia da Coruña.

A Deputación da Coruña conmemora o Día da Saúde Feminina cunha xornada arredor da endometriose

Unha xornada arredor da endometriose organizada pola Área de Benestar Social, Igualdade e Educación conmemorará o día adicado á saúde feminina. A xornada terá lugar o vindeiro día 1 de xuño ás 18.30 na sede da Fundación Paideia da Coruña.

Máis de 170 millóns de mulleres padecen endometriose en todo o mundo. Na Galiza, estímase que a enfermidade afecta a 60.000 das que 9.000 están no grao máis grave. Mesmo así, a enfermidade, que produce fortes dores e efectos que trastornan a vida das mulleres continúa a precisar unha maior visibilidade e atención. Neste sentido, a deputada da Área de Benestar Social, Igualdade e Educación, Ánxela Franco, sinala que a xornada "quere contribuír a facer visíbel a endometriose a través de especialistas e persoas que forman parte de colectivos de mulleres que a padecen ademais de poñer sobre a mesa as demandas das afectadas". Para a deputada, a xornada servirá ademais para "sensibilizar sobre a necesidade de que se investigue e se chegue a tratamentos acaídos porque está claro que a endometriose non ten a relevancia sanitaria que precisa e tamén neste ámbito compre seguir reivindicando a igualdade".

A xornada terá lugar o vindeiro 1 de xuño na Fundación Paideia no marco da conmemoración do día da saúde feminina -que se desenvolve o día 28 de maio- que por terceiro ano consecutivo convoca unha xornada específica da Deputación da Coruña, a saúde sexual e diversidade na primeira edición e a saúde laboral o pasado ano.

Desta volta, a endometriose é o centro do encontro que se iniciará ás 18.30 coa intervención da xinecóloga do CHUAC, Beatriz Alvar, que ten unha longa experiencia tratando a mulleres que padecen a enfermidade. "Con este encontro pretendemos, en primeiro lugar, dar a coñecer o que é a endometriose, desde as súas formas máis insignificantes até as máis limitantes; en segundo lugar, trataremos de sinalar cales son as posíbeis solucións ou axudas con que se pode contar, tanto persoal como institucionalmente; en terceiro lugar, intentaremos aclarar calquera dúbida que se presente e, en cuarto lugar, e sobre todo, pretendemos que se sintan apoiadas as mulleres que a padecen e que non están soas", sinala Beatriz Alvar sobre os obxectivos principais da xornada.

A xornada contará tamén coa intervención da activista e creadora da campaña "Viva, Valente e Vitoriosa", Marta Gallo e a representantes da Asociación QuerENDO de mulleres con Endometriose, María González, da Asociación QuerENDO de mulleres con Endometriose e rematará coa intervención de María González Rumbo- MIna Clown que usa o humor para saltar as barreiras da invisivilización e potenciar a empatía ao redor das múltiples realidades que viven as mulleres que sofren endometriose" Gabinete de Prensa Deputación da Coruña.

Páxinas suxeridas