Estás en:Novas

Valentín González Formoso, nomeado embaixador do Branco Lexítimo de Paderne

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi nomeado este mediodía Embaixador do Branco Lexítimo durante a celebración da Mostra de exaltación desta variedade vitivinícola que acolle cada ano o Concello de Paderne.

González Formoso recibiu a distinción de mans do alcalde da localide, César Longo Queijo, e no seu discurso destacou o "traballo incansable dos produtores e bodegueiros da zona para lograr situar a estes viños como sinónimo de calidade" e comprometeuse a que a Deputación "seguirá dando o seu apoio para dar a coñecer o Branco Lexítimo dentro e fóra de nosas fronteiras".

O presidente provincial súmase así á nómina de embaixadores do Branco Lexítimo da que xa forman parte a Fundación Juana de Vega, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, a Escola de Guísamo e varios alcaldes da provincia, así como bodegueiros e hostaleiros.