Estás en:Novas

A Deputación entrega os premios do VI concurso de viñetas a favor da igualdade de xénero baixo o título de "Elas"

A titular da área de igualdade, Zaira Rodríguez, foi a responsable de entregar os galardóns do certame, que nesta ocasión se centraba no papel da muller no sector primario
A Deputación entrega os premios do VI concurso de viñetas a favor da igualdade de xénero baixo o título de

A Deputación fixo entrega onte dos premios do VI concurso de viñetas a favor da igualdade de xénero que este ano levaba o título de “Elas”. A responsable de facer a entrega dos galardóns foi Zaira Rodríguez, titular da área de igualdade da institución provincial, que estivo acompañada tamén pola deputada Carmen Hervada. 
Nesta ocasión o certame centrouse no papel da muller no sector primario para conseguir tamén neste ámbito un cambio de valores e modelos. 
Os gañadores en primeira categoría leváronse un iPAD AIR e unha colección de libros. Os premios para o segundo e terceiro posto levan o mesmo lote de libros e unha tablet.
 
Os nomes dos gañadores foron: 
CATEGORÍA A (de 12 a 14 anos)
1º PREMIO: Anthía Suárez Pernas, do Concello de Ortigueira.
2º PREMIO: Mar Aneiros Rosado, do Concello da Coruña.
3º PREMIO: Laura Caamaño Cespón, do Concello de Cee.
 
 
 
 CATEGORÍA B (de 15 a 18 anos)
1º PREMIO: Estefanía García Méndez, do Concello de Ortigueira.
2º PREMIO: Lucas Sixto Carballeira, do Concello de Neda.
3º PREMIO: María Fernández González, do Concello de Ribeira.