Estás en:Novas

O Plan de emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

O BOP publica hoxe as bases da convocatoria para a selección de un albanel, dous peóns de obras públicos e un peón forestal que se integrarán a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais

O Plan de emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases do proceso selectivo para a contratación de un albanel (oficial de segunda), dous peóns de obras públicas e un peón forestal no Concello de Abegondo.

Os custos laborais e de seguridade social serán asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

No referente aos catro operarios seleccionados, estes estarán integrados na cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais.

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

 

Páxinas suxeridas