Estás en:Novas

A Deputación da Coruña inviste 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo da provincia

Subministráronse vehículos ao Centro Deportivo Mariñeiro de Mera (Oleiros), ao Club Deportivo Municipal de Piragüismo de Dumbría, aos clubs de Remo e Piragüismo de Rianxo, ao Club de Remo Náutico de Ribeira, ao Club Remo Cabo Cruz Boiro e ao Club de Remo da Pobra.

A Deputación da Coruña inviste 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo da provincia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e os deputados/as provinciais Ánxela Franco e José Manuel Pequeño participaron esta mañá na dársena da Coruña no acto de entrega de vehículos a sete clubs de remo e piragüismo da provincia.

Os clubs beneficiarios son o C.D. Municipal de Piragüismo de Dumbría, o club de Piragüismo de Rianxo, o Club de Remo Rianxo, o Club de Remo Náutico de Ribeira, o Club de Remo Cabo de Cruz (Boiro), o Club de Remo Pobra e o Centro Deportivo Mariñeiro de Mera (Oleiros).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que con estas adquisicións, a área de Deportes da institución provincial pretende apoiar aos clubs de dous deportes náuticos de longa tradición na provincia e axudalos a manter a súa actividade, que require o transporte de material e persoas tanto para os adestramentos como para a participación en competicións.

Páxinas suxeridas