Estás en:Novas

Valentín González Formoso recibe na Deputación á nova subdelegada do Goberno, Pilar López-Riobóo

Valentín González Formoso recibe na Deputación á nova subdelegada do Goberno, Pilar López-Riobóo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial á subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo.

O encontro encádrase na rolda de contactos institucionais que a nova subdelegada está a realizar con motivo da súa recente toma de posesión do cargo.

Durante a reunión, González Formoso e López-Riobóo falaron sobre as súas respectivas competencias. Ao remate, ambos os dous destacaron a boa sintonía durante o encontro e a importancia da colaboración entre institucións.

González Formoso desexou "os maiores éxitos profesionais" a Pilar López-Ribóo no seu novo posto como subdelegada do Goberno na provincia da Coruña.