Estás en:Novas

A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros aos festivais de música, artes escénicas e audiovisual

Achega 491.835 € ás entidades organizadoras que se suman aos 539.584,94 dos concellos

A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros aos festivais de música, artes escénicas e audiovisual

Máis de un millón de euros destina a área de Cultura da Deputación da Coruña a entidades e concellos que organizan festivais de música, artes escénicas e audiovisual. O BOP publica hoxe a resolución da liña pola que se achegan 491.835 euros ás entidades que se suman aos 539.584,94 que inviste nos festivais organizados polos concellos. Con estas dúas liñas a Deputación da Coruña sitúase á cabeza do apoio institucional aos concellos.

Máis de trinta entidades reciben axudas da Deputación da Coruña para organizar festivais culturais nunha liña de concorrencia competitiva á que se destinan 491.835 €. Festivais como FIOT de Carballo, o Freakemacine da Coruña, o Festival das Carrilanas de Esteiro, o Irmandiño de Moeche, o Grelo Folc de Monfero, o Río Castro de San Sadurniño, o Feito a Man de Santiago o Festival da Luz de Boimorto, a MICE de Santiago, a Festa da Carballeira de Zas ou o Folk in Rio de Touro son algúns dos eventos que a Deputación da Coruña apoia na convocatoria dirixida a entidades organizadoras de festivais.
O orzamento que se destina ás entidades sen fins de lucro para a organización de festivais súmase á convocatoria dirixida aos concellos que promoven festivais ás que nesta nova edición a Deputación da Coruña achega un total de 539.584,94 €.

"A aposta polos festivais está á vista nestas dúas liñas que promovemos desde a área de Cultura da Deputación da Coruña polas que queremos afortalar o sector cultural e apoiar a difusión e promoción da cultura", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. Ao seu ver, os festivais supoñen "extraordinarios escaparates da música, as artes escénicas e o audiovisual e convértense en atractivos turísticos de primeiro nivel".

En total, por volta de sesenta festivais reciben financiamento da Deputación da Coruña, nesta nova edición das convocatorias públicas, 33 organizados por entidades e 26 polos distintos concellos da provincia. Entre os eventos figuran algúns dos de maior tradición no calendario cultural como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que se está a celebrar na actualidade, o do Queixo de Arzúa ou a Carballeira de Zas canda outros de máis recente creación como o Festival Internacional de Blues de Fisterra, entre os do ámbito musical.

En audiovisuais, eventos como Cineuropa e Curtocircuito, a Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab, Carballo Interplay, Freakemacine, S8 ou MICE no audiovisual ou FIOT, Titiriberia, Atlántico ou a Mostra de Teatro de Cariño nas artes escénicas son algúns dos eventos apoiados pola Deputación da Coruña.

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS AUDIOVISUAIS, MUSICAIS E ARTES ESCÉNICAS

 

Entidade

Asunto

Proposto

ASOCIACIÓN TELON Y APARTE (CARBALLO)

27 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO "FIOT"

53.100

ASOCIACIÓN CULTURAL DISCALZOS POLO FESTIVAL (CEDEIRA)

IV DISCALZ@S POLO FESTIVAL

6.785,13

ASOCIACIÓN CULTURAL TRES POR CUATRO (A CORUÑA)

SEA SONS FESTIVAL 2018

15.000

ASOCIACIÓN POTEN100MOS (A CORUÑA)

FESTIVAL DAS ARTES DIVERSIDARTE 2018 "ARTE INCLUSIVO"

5.987,94

ASOC.P/DESARROLLO CULT.MUS. EN INFANCIA P/COLECT.DESFAVOR.Y EN RSGO.EXCL.CULTURAL (MELIDE)

FESTIVAL GROBA EN RUTA: MELIDE

7.500

ESE8 (A CORUÑA)

(S8) 9ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA PERIFÉRICO

54.000

FREAKEMACINE (A CORUÑA)

FKM 2018 - FESTIVAL DE CINEMA FANTÁSTICO DA CORUÑA

20.000

COMISIÓN DE FESTAS DO CASTELO (CULLEREDO)

FESTIVAL CASTELO CONTA

19.511,25

ASOCIACIÓN CULTURAL CENTOLOS (FENE)

XVI FENE ROCK FESTIVAL

7.500

FELICIA ASOCIACIÓN CULTURAL (FENE)

FELIciaPOP 2.0

7.500

ASOCIACIÓN CULTURAL TI E MAIS EU TEATRO (FERROL)

VI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR E ARTES ESCÉNICAS EstéNarúa

7.500

ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA Y JUVENIL ANCHOA (FISTERRA)

XVIII FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO

4.290

ASOCIACIÓN EL LORO FACU (MIÑO)

FESTIVAL LORO FACU 2018

30.000

ASOCIACIÓN CULTURAL IRMANDIÑOS DE MOECHE (MOECHE)

XXXIX FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE

9.931,94

ASOCIACIÓN CULTURAL MEDIOAMBIENTAL ABORDELO (MONFERO)

GRELO FOLC 2018

5.400

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA ESTEIRANA DE CARRILANAS (MUROS)

FESTIVAL DAS CARRILANAS - ESTEIRO 2018

7.500

ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA DEPORTIVA PRAIA DO CASTELO (MUROS)

FESTIVAL CASTELO ROCK

7.500

ASOCIACIÓN XUVENIL COM'AREA (MUXIA)

COMAREA ELECTRONIC EXPERIENCE

7.500

ASOCIACIÓN CULTURAL E ETNOGRÁFICA A FERVENZA DO BELELLE (NEDA)

FESTIVAL RÍO BELELLE 2018

5.040

COLECTIVO TERRA (PONTEDEUME)

19 FESTIVAL TREME A TERRA

7.045,50

ASOCIACIÓN ROMPETIÑO (PORTO DO SON)

ROMPETIÑO JUMP FESTIVAL

7.180,42

ASOC. CULTURAL FESTIVAL ROCK IN RIAN (RIANXO)

XI FESTIVAL ROCK IN RIAN

7.500

ASOCIACIÓN C.R. E I. COFRADÍA DA DORNA (RIBEIRA)

XXVI FESTIVAL MÚSICAL ROCK & DORNA

15.000

A.VV. DE NARAHÍO O CASTELO (SAN SADURNIÑO)

XXV FESTIVAL DO RÍO CASTRO

5.400

ASOCIACIÓN CULTURAL DA CIDADE VELLA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

15ª FESTIVAL FEITO A MAN

22.500

ASOCIACIÓN CULTURAL FESTIVAL DE LA LUZ (BOIMORTO)

FESTIVAL DE LA LUZ 2018

37.500

ASOCIACIÓN MEMORIA ATLÁNTICA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA

3.486,38

ASOCIACIÓN MORREU O DEMO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

III FESTIVAL TITIRIBERIA DE TÍTERES DE TRADICIÓN IBÉRICA

19.343,78

FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

FESTIGAL 2018

36.225

PATRONATO DO MUSEO DO POBO GALEGO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

XIII EDICIÓN DA MICE. MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO.

5.856,48

ASOCIACIÓN CULTURAL BARRIGA VERDE (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

XXIII FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2018

15.300

ASOCIACIÓN CULTURAL AS SOBREIRAS DO ULLA (TOURO)

XI FOLK IN RIO

2.520

ASOCIACIÓN CULTURAL CASTRO MEDA ( ZAS)

XXXV FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS FESTIVAL DE MÚSICA FOLK

25.431

 

TOTAL:

491.835

 

SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS AUDIOVISUAIS, MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS.

Entidade

Obxecto

Concedido

AMES

CINEMA CRIANZA - FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INFANTIL

25.575,00

ARZÚA

FESTIVAL DO QUEIXO 2018

30.662,50

BERGONDO

FESTIVAL FOLK GUÍSAMO 2018

7.962,50

BETANZOS

VAI DE RÚA 2018

2.581,16

CAMBRE

XXVII ROCK IN CAMBRE 2018

35.000,00

CARBALLO

CARBALLO INTERPLAY

39.835,53

CARIÑO

XL MOSTRA DE TEATRO DE CARIÑO

12.703,42

CARNOTA

MARES DA FIN DO MUNDO - MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA DOCUMENTAL

4.411,56

CEDEIRA

TRAZ OUTRO AMIGO TAMBÉN - II FESTIVAL DE MÚSICA GALEGA-PORTUGUESA

3.387,52

FISTERRA

II FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE FISTERRA - FISTERRA BLUES EXPERIENCE

25.000,00

LOUSAME

III FESTIVAL DE MAXIA DE LOUSAME-FESTIMAXIA

2.625,00

NARÓN

MOTIX - 34ª MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL

16.500,00

NEDA

NOITE DE BOLOS

3.434,55

NOIA

NOIA JAZZ 2018

3.675,00

NOIA

XIX MOSTRA DE CURTAMETRAXES VILA DE NOIA

45.000,00

NOIA

V FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARPA VILA DE NOIA - NOIA HARP FEST

5.848,00

OLEIROS

RÚA EXT-CÉNICA: II FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS NA RÚA

2.502,50

ORDES

VII FESTIVAL DESORDES SONORAS

3.705,63

ORTIGUEIRA

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA 2018

85.000,00

RIANXO

FESTIVAL NOITES DE JAZZ 2018

5.000,00

SADURNIÑO

CHANFAINA LAB

4.480,00

SANTIAGO

XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES 'CURTOCIRCUITO 2018'

84.150,00

SANTIAGO

XXXII FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA CINEUROPA

62.000,00

C VIMIANZO

ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO

22.426,64

ZAS

FESTIVAL DE CINEMA PREMIOS FOUCIÑO

2.355,93

MARIÑAS

XIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES CONSORCIO AS MARIÑAS - GALICREQUES

3.762,50

 

 

 

 

TOTAL CONCEDIDO:

539.584,94

Páxinas suxeridas