Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia as actividades de trinta fundacións culturais

A Deputación da Coruña apoia as actividades de trinta fundacións culturais A área de Cultura achega 483.713 € ás entidades que xestionan museos, centros de interpretación ou bibliotecas.

A Deputación da Coruña apoia as actividades de trinta fundacións culturais

A Deputación da Coruña destina 483.713 € para financiar actividades de trinta fundacións e entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas.

A área de cultura apoia a través desta liña de concorrencia competitiva a programación cultural do Museo do Pobo Galego, a Fundación Luís Seoane, o Museo Terra de Melide, a Fundación Granell, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester ou a Biblioteca da Casa Consulado.

Case medio millón de euros é a cantidade que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina ao apoio a actividades organizadas por Museos e Fundacións como figura na resolución da liña de axudas que sae publicada este xoves día 19 de xullo no BOP.

"Con esta liña de axudas, que se convocan por segundo ano consecutivo, a Deputación da Coruña quere consolidar o apoio ás Fundacións e Museos que son protagonistas dun labor cultural de grande relevancia en todo o territorio", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei para quen esta convocatoria contribúe a "darlle estabilidade ás entidades para o desenvolvemento das súas actividades".

Nos programas financiados pola Deputación da Coruña atópanse actividades como xestión de visitas, catalogación e dixitalización de fondos, iniciativas de difusión cultural, cursos formativos de xestión, ciclos de cine, actualización tecnolóxica ou promoción dos fondos das entidades.

Subvencións a Fundacións e entidades sen fins de lucro

FUNDACIÓN COMPOSTELA ARQUITECTURA (ABEGONDO) 11.440

FUNDACIÓN CENTRO INTERNACIONAL DE LA ESTAMPA CONTEMPORÁNEA (BETANZOS) 28.500

FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ (CAMBRE) 8.250

ASOCIACIÓN PATRONATO MUSEO ETNOGRÁFICO (A CAPELA) 14.336

ASOCIACIÓN MARES DE CEDEIRA (CEDEIRA) 3.427,10

FUNDACIÓN BENÉFICO DOCENTE FERNANDO BLANCO (CEE) 3.400

FUNDACIÓN BIBLIOTECA DE LA CASA CONSULADO (A CORUÑA) 10.238,98

FUNDACIÓN LUIS SEOANE (A CORUÑA) 22.500

FUNDACIÓN MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS (A CORUÑA) 30.000

REAL E INSIGNE COLEGIATA DE A CORUÑA 3.984,50

CENTRO ESTUDIOS MELIDENSES-MUSEO TERRA MELIDE 20.971,52

FUNDACIÓN JUANA DE VEGA (OLEIROS) 20.400

FUNDACIÓN RICARDO PÉREZ Y VERDES (PONTECESO) 15.000

FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO (PADRÓN) 25.000

FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL (PONTECESO) 6.999,61

MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO (AS PONTES) 3.000

FUNDACIÓN MUSEO ARTES GRABADO ESTAMPA DIGITAL (RIBEIRA) 18.087,70

ARZOBISPADO SANTIAGO-PARROQUIA SAN FRANCISCO JAVIER-A CORUÑA 15.000

FUNDACIÓN ARAGUANEY PUENTE DE CULTURAS (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 2.030

FUNDACIÓN DARDO INSTITUTO DO DESEÑO E DAS ARTES CONTEMPORÁNEAS (DIDAC) 25.000

FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 28.500

FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 16.250

FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 25.000

FUNDACIÓN LUIS TILVE (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 28.500

FUNDACIÓN PARA O ESTUDIO E DIVULG.CUESTION SOC.E SIND.GALICIA 19.436,42

FUNDACIÓN SARGADELOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 25.000

FUNDACIÓN TERRA E TEMPO DE ESTUDOS NACIONALISTAS (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 7.200

FUNDACIÓN 10 DE MARZO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 7.841,33

PATRONATO DE LA CASA DE TROYA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 8.500

PATRONATO DO MUSEO DO POBO GALEGO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 29.920 483.713

Páxinas suxeridas