Estás en:Novas

COMPOSTELA ABERTA INSTA Á DEPUTACIÓN A PROMOVER A DIFUSIÓN DO DOCUMENTAL FRANKENSTEIN 04155, NO QUINTO ANIVERSARIO DO ACCIDENTE DE ANGROIS

O deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, solicitou hoxe á Deputación Provincial da Coruña a difusión do documental Frankenstein 04155, sobre o accidente do tren de alta velocidade

COMPOSTELA ABERTA INSTA Á DEPUTACIÓN A PROMOVER A DIFUSIÓN DO DOCUMENTAL FRANKENSTEIN 04155, NO QUINTO ANIVERSARIO DO ACCIDENTE DE ANGROIS

O deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, solicitou hoxe á Deputación Provincial da Coruña a difusión do documental Frankenstein 04155, sobre o accidente do tren de alta velocidade acontecido o 24 de xullo de 2013 en Angrois, no cal perderon a vida 81 persoas e 145 resultaron feridas.

A través dun rogo presentado na sesión plenaria, o deputado de CA lembrou que o pasado día 24 a plataforma de vítimas celebrou unha serie de actos na nosa cidade, nos que recibiron o apoio da cidadanía e de boa parte da súa representación institucional, encabezada polo alcalde.

Desde Compostela Aberta apoiamos a súa demanda continua de "verdade, xustiza e responsabilidades políticas", e por esa razón promovemos unha moción provincial, en abril de 2016, esixindo unha Comisión de investigación parlamentaria, e a difusión do documental producido pola Plataforma de vítimas.

Cinco anos despois, e pese aos logros acadados, a súa loita segue sendo necesaria e conta co noso apoio.

O documental pode visualizarse online a través do seguinte enlace:

http://vimeo.com/134718028

 

Vídeo da intervención de Manuel Dios