Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación alcanza os 182 millóns de euros de investimento nos concellos coruñeses no bienio 2017-2018

O pleno da Deputación aprobou hoxe un expediente modificativo de créditos para incorporar 16 millóns máis ao POS+2018, que alcanza un orzamento récord de 92 millóns de euros

As achegas do Plan Único permitirán realizar preto de 800 obras nos 93 concellos coruñeses e reducir a súa débeda en 9,5 millóns de euros

O Plan Único supón o maior plan de cooperación das deputacións galegas e un dos máis importantes de España

O Plan Único da Deputación alcanza os 182 millóns de euros de investimento nos concellos coruñeses no bienio 2017-2018

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 182 millóns de euros nos concellos da provincia no bienio 2017-2018. Trátase dun "investimento histórico, o maior orzamento contemplado nun plan na historia da Deputación", segundo apuntou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que destacou que supón, con diferencia, o maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, xa que distribuirá entre os 93 municipios coruñeses, con criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao presuposto anual da Deputación.

O pleno da Deputación aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, un expediente de modificación de créditos que incorpora 16 millóns aos 76 millóns de euros de orzamento inicial do POS+ deste ano, chegando así aos 92 millóns de euros en 2018. A esta cifra hai que sumarlle os 90 millóns de euros de orzamento total do POS+2017.

O goberno provincial cumpre así o seu compromiso de destinar os remanentes a ampliar o orzamento do Plan Único, facendo que os concellos coruñeses reciban da Deputación non só máis fondos que o ano pasado, senón o maior investimento provincial dos últimos anos e o maior investimento por concello das catro provincias galegas.

A incorporación dos remanentes ao orzamento do Plan Único realizase de forma automática, polo que o programa non esixe tramitar unha nova convocatoria, como se facía antes, nin aprobar novas bases ou levar os novos proxectos ao pleno. Isto permitirá que os fondos cheguen con gran rapidez aos concellos, que xa teñen solicitado proxectos para ser financiados coa consignación destes fondos adicionais.

800 obras e redución de 9,5 millóns de débeda

Nos seus dous anos de vida, o novo Plan Único (POS+2017 e POS+2018) da Deputación da Coruña financia a execución de preto de 800 obras de construción ou mellora de infraestruturas públicas nos 93 concellos da provincia da Coruña, contribúe a costear servizos públicos básicos como o alumeado, mantemento de viais ou a recollida de lixo, e favorece que os concellos amorticen máis de 9,5 millóns de euros da súa débeda con entidades bancarias.

O Plan Único baséase a tres principios fundamentais: máis transparencia e obxectividade na asignación de recursos, porque o reparto de fondos non se efectúa de xeito discrecional, senón que se basea en criterios obxectivos empregados dende hai máis de dúas décadas no POS (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) que xeran un consenso importante entre os concellos; máis autonomía local, porque son os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que achega a Deputación; e máis saneamento financeiro, porque o plan conta con mecanismos para que os concellos podan destinar parte dos fondos a pagar facturas pendentes, reducir a súa débeda ou financiar parte do seu gasto corrente.

PLAN ÚNICO 2017 / 2018
COMARCA DA CORUÑA

Concello

2017

2018

2018
INCORPORACIÓN
REMANENTES

TOTAL 2018

TOTAL
2017 + 2018

Abegondo

973.532,25

819.949,20

172.620,88

992.570,08

1.966.102,33

Aranga

786.140,64

658.255,73

138.580,15

796.835,88

1.582.976,52

Arteixo

2.056.020,15

1.747.694,05

367.935,59

2.115.629,64

4.171.649,79

Bergondo

715.554,58

599.478,76

126.206,05

725.684,81

1.441.239,39

Betanzos

887.808,99

742.143,42

156.240,72

898.384,14

1.786.193,13

Cambre

1.493.972,55

1.264.046,00

266.114,95

1.530.160,95

3.024.133,50

Carral

708.966,69

606.021,45

127.583,46

733.604,91

1.442.571,60

Coirós

430.870,54

367.089,03

77.281,90

444.370,93

875.241,47

A  Coruña

623.567,58

526.221,90

110.783,56

637.005,46

1.260.573,04

Culleredo

1.799.312,10

1.531.736,92

322.470,93

1.854.207,85

3.653.519,95

Curtis

837.284,21

694.063,49

146.118,63

840.182,12

1.677.466,33

Irixoa

559.043,03

485.991,84

102.314,07

588.305,91

1.147.348,94

Miño

661.529,13

555.884,19

117.028,25

672.912,44

1.334.441,57

Oleiros

1.919.650,68

1.638.095,26

344.862,16

1.982.957,42

3.902.608,10

Oza-Cesuras

1.405.746,38

1.186.727,30

249.837,33

1.436.564,63

2.842.311,01

Paderne

516.257,17

440.917,79

92.824,80

533.742,59

1.049.999,76

Sada

1.012.346,81

862.874,89

181.657,87

1.044.532,76

2.056.879,57

Sobrado

845.518,18

709.285,81

149.323,33

858.609,14

1.704.127,32

Vilasantar

518.756,95

434.764,51

91.529,37

526.293,88

1.045.050,83

 

TOTAIS

 

18.751.878,61

 

15.871.241,54

 

3.341.314,00

 

19.212.555,54

 

37.964.434,15

 

PLAN ÚNICO 2017 / 2018
COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL

CONCELLO

2017

2018

2018
INCORPORACION
REMANENTES

TOTAL
2018

TOTAL
2017+2018

 Ares

518.884,92

440.428,83

92.721,86

533.150,69

1.052.035,61

 Cabanas

505.915,48

437.792,47

92.166,84

529.959,31

1.035.874,79

 Cariño

574.536,02

480.702,40

101.200,51

581.902,91

1.156.438,93

A Capela

460.871,64

390.692,88

82.251,13

472.944,01

933.815,65

Cedeira

893.286,62

746.816,58

157.224,54

904.041,12

1.797.327,74

Cerdido

429.260,23

360.750,75

75.947,53

436.698,28

865.958,51

Fene

942.873,53

794.907,09

167.348,86

962.255,95

1.905.129,48

Ferrol

1.016.502,62

859.037,55

180.850,01

1.039.887,56

2.056.390,18

Mañón

602.832,05

515.257,97

108.475,36

623.733,33

1.226.565,38

Moeche

450.996,57

377.482,08

79.469,91

456.951,99

907.948,56

Monfero

1.012.898,82

851.904,25

179.348,26

1.031.252,51

2.044.151,33

Mugardos

543.307,54

452.437,32

95.249,96

547.687,28

1.090.994,82

Narón

2.191.409,81

1.849.188,53

389.302,85

2.238.491,38

4.429.901,19

Neda

512.640,30

443.152,90

93.295,35

536.448,25

1.049.088,55

Ortigueira

1.562.093,95

1.315.668,09

276.982,76

1.592.650,85

3.154.744,80

Pontedeume

706.527,04

597.556,40

125.801,35

723.357,75

1.429.884,79

AS Pontes

1.888.094,30

1.594.815,46

335.750,62

1.930.566,08

3.818.660,38

San Sadurniño

760.177,22

638.287,23

134.376,26

772.663,49

1.532.840,71

As Somozas

598.581,67

482.104,88

101.495,76

583.600,64

1.182.182,31

Valdoviño

889.146,63

753.289,60

158.587,28

911.876,88

1.801.023,51

Vilarmaior

380.566,08

324.210,15

68.254,77

392.464,92

773.031,00

TOTAL

 17.441.403,04

14.706.483,41

3.096.101,77

17.802.585,18

35.243.988,22

 

PLAN ÚNICO 2017 / 2018
COMARCA DE SANTIAGO

CONCELLO

2017

2018

2018
INCORPORACION
REMANENTES

TOTAL
2018

TOTAL
2017+2018

Ames

1.897.768,63

1.614.655,84

339.927,55

1.954.583,39

3.852.352,02

Arzúa

1.345.707,83

1.134.913,96

238.929,25

1.373.843,21

2.719.551,04

A Baña

888.766,83

746.703,62

157.200,76

903.904,38

1.792.671,21

Boimorto

734.781,60

615.673,79

129.615,53

745.289,32

1.480.070,92

 Boqueixón

812.561,66

688.988,06

145.050,12

834.038,18

1.646.599,84

Brión

888.916,06

756.432,07

159.248,86

915.680,93

1.804.596,99

Dodro

438.632,09

357.998,69

75.368,15

433.366,84

871.998,93

Frades

725.286,99

614.664,68

129.403,09

744.067,77

1.469.354,76

Melide

1.249.533,41

1.071.491,62

225.577,18

1.297.068,80

2.546.602,21

Mesía

836.316,05

708.001,74

149.053,00

857.054,74

1.693.370,79

Negreira

1.134.275,59

958.872,56

201.867,91

1.160.740,47

2.295.016,06

Ordes

1.494.359,78

1.258.190,99

264.882,31

1.523.073,30

3.017.433,08

Oroso

904.140,17

765.333,97

161.122,94

926.456,91

1.830.597,08

Padrón

770.760,69

649.596,58

136.757,17

786.353,75

1.557.114,44

O Pino

1.059.519,38

888.740,67

187.103,30

1.075.843,97

2.135.363,35

Rois

866.551,78

729.187,14

153.513,08

882.700,22

1.749.252,00

Santa Comba

1.605.653,25

1.355.493,64

285.367,08

1.640.860,72

3.246.513,97

Santiago

2.063.211,94

1.738.866,49

366.077,16

2.104.943,65

4.168.155,59

Santiso

722.260,26

607.452,08

127.884,65

735.336,73

1.457.596,99

Teo

1.416.846,65

1.199.172,08

252.457,28

1.451.629,36

2.868.476,01

Toques

633.843,41

533.217,52

112.256,32

645.473,84

1.279.317,25

Tordoia

916.896,88

783.542,05

164.956,22

948.498,27

1.865.395,15

Touro

 

1.016.504,78

 

858.733,03

 

180.785,90

 

1.039.518,93

 

2.056.023,71

Trazo

825.217,01

693.656,36

146.032,92

839.689,28

1.664.906,29

Val do Dubra

901.449,86

758.359,69

159.654,67

918.014,36

1.819.464,22

Vedra

736.277,04

625.176,12

131.616,03

756.792,15

1.493.069,19

TOTAL

26.886.039,62

22.713.115,04

4.781.708,43

27.494.823,47

54.380.863,09

 

PLAN ÚNICO 2017 / 2018
COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

CONCELLO

2017

2018

2018
INCORPORACIÓN
REMANENTES

TOTAL
2018

TOTAL
2017+2018

 Cabana de Bergantiños

864.660,06

732.022,19

154.109,93

886.132,12

1.750.792,18

Camariñas

643.668,79

542.478,88

114.206,08

656.684,96

1.300.353,75

Carballo

2.459.473,37

2.082.701,73

438.463,52

2.521.165,25

4.980.638,62

Cee

785.173,95

662.114,10

139.392,44

801.506,54

1.586.680,49

Cerceda

949.492,99

788.539,52

166.008,32

954.547,84

1.904.040,83

Corcubión

268.435,85

226.167,68

47.614,25

273.781,93

542.217,78

Coristanco

1.192.358,10

1.001.699,93

210.884,20

1.212.584,13

2.404.942,23

Dumbría

882.222,53

754.045,44

158.746,41

912.791,85

1.795.014,38

Fisterra

504.185,12

423.121,68

89.078,25

512.199,93

1.016.385,05

A Laracha

1.302.493,06

1.100.587,52

231.702,64

1.332.290,16

2.634.783,22

Laxe

506.158,98

424.488,56

89.366,01

513.854,57

1.020.013,55

Malpica

735.386,73

639.010,69

134.528,57

773.539,26

1.508.925,99

Muxía

1.036.064,47

864.056,71

181.906,68

1.045.963,39

2.082.027,86

Ponteceso

953.947,05

801.316,50

168.698,21

970.014,71

1.923.961,76

Vimianzo

1.407.280,29

1.187.621,77

250.025,64

1.437.647,41

2.844.927,70

Zas

1.111.674,10

924.220,19

194.572,67

1.118.792,86

2.230.466,96

 TOTAL

15.602.675,44

13.154.193,09

2.769.303,82

15.923.496,91

31.526.172,35

 

PLAN ÚNICO 2017 / 2018
COMARCA DE BARBANZA

CONCELLO

2017

2018

2018
INCORPORACIÓN
REMANENTES

TOTAL
2018

TOTAL
2017+2018

 Boiro

1.401.594,15

1.186.702,97

249.832,20

1.436.535,17

2.838.129,32

Carnota

673.338,82

565.172,45

118.983,67

684.156,12

1.357.494,94

Lousame

743.131,80

627.015,86

132.003,34

759.019,20

1.502.151,00

Mazaricos

1.243.465,59

1.046.120,12

220.235,81

1.266.355,93

2.509.821,52

Muros

916.285,49

775.496,49

163.262,42

938.758,91

1.855.044,40

Noia

974.189,66

818.813,27

172.381,74

991.195,01

1.965.384,67

Outes

952.761,15

803.247,39

169.104,71

972.352,10

1.925.113,25

Pobra do Caramiñal

733.224,96

619.549,51

130.431,48

749.980,99

1.483.205,95

 Porto do Son

1.053.172,99

888.758,85

187.107,13

1.075.865,98

2.129.038,97

 Rianxo

933.656,70

785.194,17

165.304,04

950.498,21

1.884.154,91

 Ribeira

1.693.181,98

1.438.895,84

302.925,44

1.741.821,28

3.435.003,26

 TOTAL

11.318.003,29

9.554.966,92

2.011.571,98

11.566.538,90

22.884.542,19

 

 

Páxinas suxeridas