Estás en:Novas

Cen nenos e nenas da Costa da Morte clausuran os campamentos deportivos da Deputación

O deputado José Manuel Pequeño despediu aos rapaces, que participaron en numerosas actividades deportivas e lúdicas e visitaron algún dos principais atractivos turísticos da cidade da Coruña

Catrocentos nenos e nenas dos 93 concellos coruñeses participaron este verán no colexio Calvo Sotelo nos campamentos da Deputación

Cen nenos e nenas da Costa da Morte clausuran os campamentos deportivos da Deputación

O deputado provincial José Manuel Pequeño despediu hoxe, na dársena da Coruña, á derradeira quenda dos campamentos deportivos de verán da Deputación, na que participaron cen nenos e nenas dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

Durante a súa estadía no centro Calvo Sotelo da Coruña, os rapaces e as rapazas contaron cun amplo programa de actividades que incluíu dende actividades náuticas, sendeirismo, fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata a visita a lugares de interese como á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e o xardín de San Carlos.

O programa cultural completouse con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolveron actividades e xogos de cara a fomentar a comunicación, a convivencia, o intercambio experiencias e o respecto polos demais.

En cada unha das catro quendas realizadas durante o mes de xullo participaron 100 rapaces e rapazas procedentes dos 93 concellos coruñeses, que estiveron supervisados en todo momento por 10 monitores titulados e unha directora de campamento.

Páxinas suxeridas