Estás en:Novas

A Deputación apoia con 275.000 euros iniciativas para a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

Máis de trinta entidades reciben apoio para programas de conciliación, formación, sensibilización, educación pola igualdade e para eliminar o feminicidio

A Deputación apoia con 275.000 euros iniciativas para a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe provisional das entidades sen fin de lucro que serán beneficiarias da liña de subvención artellada pola institución para o mantemento de políticas de igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A Deputación apoiará o traballo de 31 entidades da provincia cun orzamento de 275.556 euros .
A área de Benestar Social, Educación e Igualdade da Deputación da Coruña, que dirixe a deputada Ánxela Franco, contribúe á loita pola igualdade de homes e mulleres a través desta liña de axudas dirixida a entidades en fin de lucro á que se destinan máis de 275.000 euros para impulsar o desenvolvemento de programas e actividades que promovan a igualdade de xénero e incidan na erradicación da violencia machista.
Mellorar a empregabilidade, favorecer a conciliación familiar, fomentar a responsibilidade compartida, e outras iniciativas que contribúan ao empoderamento das mulleres na sociedade son algunhas das liñas de traballo propostas polas 31 asociacións da Coruña que disporán das achegas económicas da Deputación para este ano 2018.
A responsable da área de Igualdade, Ánxela Franco subliñou que "acadar unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes é un dos grandes retos que nestes momentos temos para construír unha sociedade mellor" . Desde a Deputación da Coruña, apuntou, "temos o compromiso de impulsar todas aquelas accións que nos fagan avanzar cara a consecución deste obxectivo".

Así mesmo, a deputada insistiu na necesidade de deseñar proxectos que aborden dun xeito integral a violencia de xénero e nas distintas iniciativas destinadas á formación das novas xeracións co obxectivo de acadar unha sociedade máis igualitaria.
As entidades sen ánimo de lucro e as contías que achegará a Deputación da Coruña son:

 

Entidade

Concedido

A.N.P.A. A SANTAIA DO CPI FONTE DÍAZ

6.312,00

A.N.P.A. ANDARAVIA

10.000,00

A.P.A. A NOSA ESCOLA CEIP DE SIGÜEIRO

3.355,56

A.P.A. BURGO DAS NACIÓNS DO CEIP DE VITE

4.727,50

A.P.A. C.N.C. ROXOS VILLESTRO DE SANTIAGO

8.899,33

A.P.A. C.P. ARCEDIAGO A XUNTANZA

1.972,00

A.P.A. C.P. E.G.B. ORTIGUEIRA SANTA CRUZ RIVADULLA

6.240,00

A.P.A. LANDRAS C.E.I.P. MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI

4.107,50

A.P.A. SAN ISIDRO C.P. DICES

3.300,08

ARABIAS S.COOP.GALEGA

11.122,18

ASOC.LOITA CONTRA OS MALOS TRATOS-ALMAT-FERROL

14.875,00

ASOC.PARA A PROMOCION E INTEGRACION DAS MULLERES GALEGAS DO RURAL (AGRA)

15.000,00

ASOC.PARA PROM.SOC.E A INSERC.LABOR.PLATAFORMA POLO EMPREGO

10.824,00

ASOCIACIÓN CENTINELAS

12.500,00

ASOCIACIÓN DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA

12.500,00

ASOCIACIÓN MIRABAL

6.600,00

ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS AMURUSA

3.262,50

ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS ARUME DE MELIDE

3.825,00

ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS CERES DE CARBALLO

4.874,88

ASOCIACIÓN NAIS E PAIS AGRO DO MUÍÑO

6.975,00

ASOCIACIÓN OBSERVATORIO DE IGUALDAD

4.800,00

ASOCIACIÓN POLA IGUALDADE E COEDUCACIÓN

8.000,00

ASOCIACIÓN PUNTODELAS-SECRETARÍA DAS MULLERES

10.000,00

ASOCIACIÓN R. Y C. LOS TILOS

10.000,00

ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE

5.312,80

ASOCIACIÓNS LABREGAS

5.011,04

FEDERACIÓN ESCUELAS FAMILIARES AGRARIAS DE GALICIA

12.960,00

FEDERACIÓN MUNICIPAL ANPAS CEIP CONCELLO SANTIAGO COMPOSTELA

15.000,00

FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

20.000,00

FUNDACIÓN MUJERES

20.000,00

HERMANAS OBLATAS DEL SANTÍSIMO REDENTOR (CASA DE FERROL)

13.200,00

TOTAL: 

275.556,37

 

Pode ampliar a información na seguinte ligazón:

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/08/01/2018_0000005813.html

Páxinas suxeridas