Estás en:Novas

A Deputación da Coruña destina 450.000 euros ao mantemento de programas sociosanitarios

A Deputación da Coruña destina 450.000 euros ao mantemento de programas sociosanitarios

A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña apoia con 447.421 os proxectos de asociacións e entidades do tecido sociosanitario da provincia.
Xornadas, terapias, obradoiros, servizos de atención e asesoramento, e demais actividades programadas polas entidades sociosanitarias son algunhas das iniciativas que recibirán subvención no presente ano, organizadas por un total de 39 entidades que están a traballar no territorio dos concellos da Coruña.
A deputada e responsable da área de Igualdade, Ánxela Franco, puxo en valor "o grande esforzo e traballo" que desempeñan as persoas profesionais das entidades" que se beneficiarán desta liña de subvencións da institución provincial, destacando, así mesmo "a súa implicación á hora de mellorar a calidade de vida de familiares e persoas aqueixadas de diferentes doenzas".
Así, a Deputación da Coruña contribuirá ao desenvolvemento de programas e actividades que aborden, entre outros, problemas de trastorno alimentario, esclerose, diabetes, exclusión social, alzheimer ou cancro.
A listaxe provisional de entidades que se beneficiarán da liña de axudas FCVAA 2018 e o importe concedido é:

 

Entidade

Concedido

ANHIDACORUÑA ASOC.DE NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Y DÉFICIT DE ATENCIÓN

16.147,50

ASOCIACIÓN AGALURE

22.500,00

ASOCIACIÓN ANTIDROGA RENACER DE RIBEIRA

15.000,00

ASOCIACIÓN BULÍMICOS Y ANORÉXICOS DE A CORUÑA

22.500,00

ASOCIACIÓN COMPOSTELANA DE NIÑAS Y NIÑOS HIPERACTIVOS

13.500,00

ASOCIACIÓN COMPOSTELANA ESCLEROSIS MÚLTIPLE

11.200,00

ASOCIACIÓN CORUÑESA DE PROMOCIÓN DEL SORDO

12.000,00

ASOCIACIÓN DE ALCOHÓLICOS ADIANTE DAS PONTES

13.500,00

ASOCIACIÓN DE AYUDA A NIÑOS ONCOLÓGICOS DE GALICIA ASANOG

11.818,30

ASOCIACIÓN DE LUCHA CONTRA ENFERMEDADES DEL RIÑÓN

19.897,07

ASOCIACIÓN DIABÉTICOS FERROLTERRA

1.660,75

ASOCIACIÓN ECOS DO SUR

20.000,00

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER

20.230,00

ASOCIACIÓN FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER DE BERGANTIÑOS

20.000,00

ASOCIACIÓN FIBROMIALXIA E FATIGA CRÓNICA DO NOROESTE

2.911,52

ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER (ASPERGA)

15.000,00

ASOCIACIÓN GALEGA DE ATAXIAS

2.592,00

ASOCIACIÓN GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA

5.389,98

ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA

1.356,00

ASOCIACIÓN GALEGA DE LINFEDEMA AGL

12.500,00

ASOCIACIÓN GALEGA DE TRASPLANTADOS DE RIÑÓN DE SANTIAGO

1.135,16

ASOCIACIÓN GALLEGA C/ENFERMED.NEUROMUSCULARES ASEM GALICIA

2.782,00

ASOCIACIÓN GALLEGA CONTRA LA FIBROSIS QUÍSTICA

3.779,96

ASOCIACIÓN GALLEGA DE AFECTADOS POR TRANSPLANTES MEDULARES

6.696,00

ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA

5.606,74

ASOCIACIÓN PARKINSON COMPOSTELA

4.992,00

ASOCIACIÓN PARKINSON FERROL

17.500,00

ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA

25.000,00

ASOCIACIÓN SOBRE RODAS

6.105,60

AXUDA INTEGRAL SANTIAGUESA DO ALCOHÓLICO

1.904,06

B.A.T.A. BAYON ASOCIACIÓN TRATAMIENTO AUTISMO

6.688,71

FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL

3.959,24

FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRÓNICAS

20.000,00

FUNDACIÓN EOMAIA

14.536,95

FUNDACIÓN FOLTRA

25.000,00

FUNDACIÓN INGADA

4.646,25

FUNDACIÓN ODONTOLOGÍA SOLIDARIA

20.000,00

LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA LOITA CONTRA O REUMATISMO

12.825,96

UNIÓN GALEGA DE EPILEPSIA UGADE

4.560,00

TOTAL: 

447.421,75

Poden consultar máis información na seguinte ligazón:

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/08/01/2018_0000005815.pdf

Páxinas suxeridas