Estás en:Novas

A Deputación apoia con 463.313 euros o desenvolvemento de actividades culturais de fundacións e entidades sen fin de lucro

Un total de 29 fundacións e entidades sen fin de lucro serán beneficiarias do programa subvencións FO200 da Deputación da Coruña

A Deputación apoia con 463.313 euros o desenvolvemento de actividades culturais de fundacións e entidades sen fin de lucro

A área de Cultura da Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe definitiva das fundacións e entidades sen fin de lucro que, sendo titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas, serán beneficiarias da liña de axudas que a institución provincial destina a apoiar o desenvolvemento de actividades culturais nestes centros durante o 2018.

Cun orzamento de 463.313 euros, a Deputación publica hoxe a concesión definitiva dunha liña de axudas que ten por obxecto apoiar as programacións de até 29 fundacións e entidades do ámbito cultural da provincia durante o presente ano.

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que este programa ten por obxecto "apoiar o labor cultural que desempeñan as fundacións e entidades sen fin de lucro da Coruña", engadindo que por medio destas achegas tamén se pretende "contribuír ao afortalamento e dinamización dos seus proxectos e programacións".

A liña de subvencións da institución provincial contribuirá, entre outras actividades, á edición de novas publicacións culturais, á contratación de persoal para a realización de visitas guiadas, a catalogación e dixitalización de fondos e arquivos, ou ao financiamento de exposicións e programas educativo-culturais nos diferentes museos e fundacións.

Entidades como o Museo do Pobo Galego con 29.920 euros, a Fundación Eugenio Granell con 28.500 euros, o Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide con 20.971 euros ou a Fundación Sargadelos con 25.000, son algúns dos centros que se beneficiarán do programa de subvencións FO200 da Deputación da Coruña.

Poden ampliar información e consultar a listaxe completa de entidades beneficiarias na seguinte ligazón:

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/08/13/2018_0000006077.html

Páxinas suxeridas