Estás en:Novas

A Deputación da Coruña colaborará na difusión da obra teatral de Manuel María

O acordo implica a creación do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais para compañías profesionais

A Deputación da Coruña colaborará na difusión da obra teatral de Manuel María

A Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos formalizaron esta mañá un protocolo de programación polo que ambas institucións acordaron colaborar conxuntamente na difusión e posta en valor do legado teatral do escritor chairego. O acordo establece a futura convocatoria do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e a presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi, rubricaron esta mañá un protocolo de colaboración que ten por obxecto afondar e divulgar a grande cantidade de obras teatrais que deixou escritas Manuel María

O documento asinado está maña na sede da institución provincial, establece a creación do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.
Un concurso que, dirixido ás compañías profesionais do mundo do Teatro e dotado cun premio de 2.000 euros, premiará a mellor proposta escénica dalgunha das 36 pezas dramáticas que deixou escritas o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, destacou que este acordo "permitirá á sociedade coñecer a grande capacidade que atesouraba Manuel María como dramaturgo" pois, engadiu, a "súa xenialidade como poeta deixou nun segundo plano a súa extraordinaria capacidade como escritor de teatro".

Mediante este protocolo, a institución provincial comprométese a promover unha programación teatral na que se incluirán até tres representacións da obra que resulte gañadora no Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, contribuíndo deste xeito á difusión da obra.

Páxinas suxeridas