Estás en:Novas

O R.C. Deportivo da Coruña gaña a III Copa Deputación de Fútbol Feminino

O equipo coruñés vence por terceira vez o campionato

O R.C. Deportivo da Coruña gaña a III Copa Deputación de Fútbol Feminino

O R.C. Deportivo da Coruña proclamouse esta tarde vencedor da III Edición da Copa Deputación de Fútbol Feminino, tras vencer por 4-0 ao Victoria CF no encontro disputado esta noite no campo municipal "Ponte dos Brozos" de Arteixo.

O deputado provincial de Deportes, José García Liñares, foi o encargado de entregar a Copa ao equipo vencedor, mentres que o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, entregou o trofeo das subcampioas

Dende hai tres anos, a Copa Deputación de Fútbol, un dos torneos máis antigos e con maior participación de cantos se celebran en Galicia, ten tamén unha edición destinada aos equipos femininos da provincia, na que participaron este ano un total de 30 clubs da 2ª División Nacional e 1ª e 2ª División da Liga Galega, que se repartiron 33.220 euros en premios, segundo os seus resultados na clasificación.

Páxinas suxeridas