Estás en:Novas

O Plan único da Deputación da Coruña financia a renovación dos parques infantís de Narón


15 parques infantís do municipio melloran ou renovan as súas infraestruturas con cargo ao POS+

O Plan único da Deputación da Coruña financia a renovación dos parques infantís de Narón

O Plan único da Deputación da Coruña financia a renovación dos parques infantís do Concello de Narón.

Entre as sete obras que financia o POS+2018 no municipio e este ano que suporán un investimento superior a 1 millón de euros no municipio, figura un proxecto para a instalación de novos pavementos de seguridade nos parques infantís de praza de Galicia, vivendas do Bispo, Virxe do Mar, Finca Permuy, Pascual Veiga, Finca Federico, escola infantil de Piñeiros, rúa Cangas, vivendas Profeco, rúa Marina Española, paseo de Freixeiro e paseo de Xuvia, o que suporá a instalación dun total 2.337 metros cadrados de pavimentos acordes coas normativas europeas de seguridade para estas instalacións.

Esta obra suporá un investimento de 162.959,19 euros, dos que 140.097,15 serán achegados pola Deputación, a través do POS+2018, e 22.862,04 polo Concello de Narón, para instalar novos pavimentos de caucho e resina de poliuretano que contribuirán a mellorar as condicións de seguridade destas áreas de xogo infantís.

Tamén con cargo ao Plan único (POS+2017), Narón financia a instalación dun novo parque infantil na zona verde do río Freixeiro, unha zona cuxa población infantil medrou notablemente nos últimos anos, na Gándara e no contorno da igrexa de Piñeiros, onde a área de xogos infantís substituirá á zona biosaludable existente, aumentando a súa superficie dende os 115 ata os 265 metros cadrados.

Páxinas suxeridas