Estás en:Novas

A Deputación sinaliza 630 km de estradas provinciais para mellorar a seguridade viaria dos ciclistas

Os 57 tramos viais máis transitados por bicicletas da provincia, que representan un 30% da rede provincial de estradas, forman parte deste primeiro plan para mellorar a seguridade ciclista

A Deputación sinaliza 630 km de estradas provinciais para mellorar a seguridade viaria dos ciclistas

Máis de 630 quilómetros de 57 estradas provinciais contarán a partir das vindeiras semanas cunha nova sinalización específica para advertir aos condutores da presenza frecuente de ciclistas na vía e lembrarlles a obrigatoriedade de deixar 1,5 metros nos adiantamentos.

A sede da institución acolleu esta mañá a sinatura do contrato deste plan de seguridade ciclista, adxudicado á empresa Díez e Cía. por importe de 101.359,28 euros.

O Goberno provincial que preside Valentín González Formoso explicou que o plan permitirá mellorar a seguridade dos ciclistas en preto do 30% dos 2.100 quilómetros cos que conta a rede de estradas dependente da Deputación da Coruña.

Para a selección dos tramos nos que se implementa este novo plan de seguridade cicilista, o departamento de Vías e Obras da Deputación recolleu as propostas e datos da Dirección Xeral de Tráfico, a Federación Galega de Ciclismo e a Asociación de Ciclistas Crunia. Así, as estradas foron seleccionadas en función do volume de ciclistas que rexistran, prorizando as que teñen maior intensidade de tráfico ciclista da provincia.

O plan de mellora da seguridade ciclista contará con dúas liñas de acción complementarias. A primeira delas consistirá na instalación de novas sinais para advertir da presenza habitual de ciclistas no tramo e informar das medidas de seguridade en 410,6 quilómetros de 40 estradas.

Doutra banda, completarase a sinalización xa existente en 220 quilómetros de 17 estradas, complementando así a campaña "Ponle Freno", na que participou a Deputación hai algúns anos.

1,5 metros de distancia

En total, colocaranse 86 grandes paneis e 286 sinais triangulares. Os paneis terán unhas dimensións de 1,2 x 1,8 metros e ubicaranse en ambos sentidos do vial, ao principio e ao final de cada tramo. Neles, advertirase sobre a obrigatoriedade de deixar 1,5 metros de distancia nos adiantamentos entre automóbiles e ciclistas e se especificará o número de quilómetros do tramo no que é frecuente atopar bicicletas.

As sinais triangulares ubicaranse cada dous ou tres quilómetros para lembrar aos condutores a presenza frecuente de ciclistas na estrada.

Fomento do ciclismo na provincia

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso inscribiu o plan de seguridade viaria na aposta da Deputación polo ciclismo, e puxo como exemplo a Rede Ciclista Metropolitana, na que a institución inviste 3,6 millóns de euros para conectar Arteixo, Oleiros, A Coruña, Cambre e Culleredo mediante un carril de 78 quilómetros de lonxitude.

Formoso lembrou tamén que a Deputación financia con 40.000€ a redacción do proxecto da Vía Verde Santiago – Cerceda, que permitirá percorrer a pé ou en bicicleta 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do tren nos concellos de Santiago, Ordes, Oroso, Tordoia e Cerceda. "Con ambos proxectos pretendemos poñer en valor un modelo de transporte sostible", afirmou González Formoso e engadiu que a Vía Verde será un elemento dinamizador do turismo e facilitará a conexión dos núcleos rurais dos cinco concellos.

Listaxe de estradas incluídas no plan de mellora da seguridade ciclista

 Estradas con nova sinalización – 410, 61 km.

CÓDIGO

NOME

LONX

PLAT

CALZ

RED

DP0103

CARRAL A MONTOUTO

5,04

8,3

8,3

1

DP0812

SADA A ESPÍRITU SANTO

4,81

9

7

2

DP1501

ACCESO A PRAIA DE CABANAS

1,17

11,5

7

3

DP1503

PERLÍO A LAVANDEIRA

8,1

8

7

1

DP1704

CAMBRE A CARRAL

11,34

11

11

1

DP1707

OLEIROS A PRAVÍO

5,25

8

7

1

DP2502

VALDOVIÑO A CERDIDO

19,5

8

7

1

DP3503

DE MANIÑOS A ESTR. AC-121 EN SILLOBRE POR SAN MARCOS

9,2

8

7

1

DP3603

FERROL A COVAS

10,1

12

7

1

DP3801

SIGÜEIRO A SAN AMARO

18,7

14

14

1

DP3802

ORDES A PONTECARREIRA

17,91

11

11

4

DP4802

PERBES A CAMPOLONGO

5,4

8

7

1

DP5404

DE XUVIA A PRAIA DE FROUXEIRA

12,53

9

7

1

DP5812

MERIRÁS A PORTO DE SANTA CRUZ

5,14

7

6

2

DP6121

MERA A CARIÑO

10

11

7

1

DP6122

PTE MERA AL KM 46 DE LA CRA ORTIGUEIRA FERROL

5,85

5

4

2

DP6901

CAMPOLONGO A BREAMO

2,8

5

4,5

2

DP7001

AS PONTES A MOMÁN

1,36

5,5

5

1

DP7004

AS PONTES A  EMBALSE POR A FRAGA

2,84

8

7

2

DP7009

DE ESTR. ORTIGUEIRA AS PONTES A FORMIGUEIRO POR FREIXO

9,22

4,6

4,2

2

DP7601

CRUZ DA MESTRA A SAN SADURNIÑO

9,68

9

7

2

DP2403

CERDEDA A XESTEDA

8,06

14

11

1

DP2405

CERDEDA A MESÓN DO VENTO

11,34

11

7

1

DP1914

CARBALLO A PORTOMOURO

29,46

12

12

4

DP4307

MALPICA A PONTECESO

12,6

11

6,5

1

DP3404

SERRA DE OUTES A DUMBRÍA

34,51

16

7

4

DP4502

BRAÑA DO COTO A CHACÍN

9,1

7,5

6,5

4

DP5903

ORDES A PORTOMOURO POR PUENTECHONIA

28,74

9

7

4

DP8401

TABLILLA A AGROMAESTRE POR PONTEPEDRA

15,91

12

7

4

DP0603

BOIMORTO A ORXAL POR A MOTA

9,9

14

7,2

1

DP0604

DA  N-634 A ARZÚA POR CLAVOS

12,96

10,5

7

1

DP0605

STA IRENE AL PTE DE SAN XUSTO

15,85

11,1

6,6

1

DP6602

FONTE DÍAZ A SANTA IRENE

4,63

12,2

7

1

DP6601

DA ESTR. CURTIS-LAVACOLLA A CRA ARZÚA-SANTIAGO

3,78

5

5

3

DP0510

CONFURCO A UXES

6,16

5,5

5

2

DP0512

BIRLOQUE A ARTEIXO POR UXES

12,31

11,2

7

1

DP3606

COVAS A SAN XURXO

3,9

7

6

1

DP3611

KM 6 DE CRA FERROL A COVAS A ESMELLE

1,8

6

6

2

DP5813

OLEIROS A SADA

5,78

8

7

1

DP3109

VILABOA A PEIRO POR TARRIO

7,88

11,5

7

1

           

 

Tramos de estrada nos que se completará sinalización

219,83 km.

CÓDIGO

NOME

LONX

PLAT

CALZ

RED

DP0104

TRANSAQUELOS A VILACOBA

15,32

8,7

8,7

1

DP0105

CORTIÑAN A VILACOBA

15,25

10

7,5

1

DP0106

SAN VICENTE DE VIGO A OZA DOS RIOS

13,22

9

7

1

DP0401

ARES A REDES

3,21

7

6

1

DP0511

LEDOÑO A ARTEIXO

10,42

7

5,8

1

DP0514

ARTEIXO A CAION

11,92

10,5

7

1

DP0905

BETANZOS A LIMITE DE PROVICIA DE LUGO

33,45

8

7

4

DP1105

NOIA A BOIRO

16,1

7

6

1

DP1706

TEMPLE A CAMBRE

2,87

8

7

1

DP2404

LARACHA A LA SILVA POR GOLMAR

15,16

6,1

5,5

1

DP4803

MIÑO A PONTEDEUME POR PERBES

11,07

12

6,5

1

DP4804

PONTE DO PORCO A VILAMATEO

9,05

5

4,5

2

DP5811

OLEIROS A CORUXO DE ARRIBA

3,29

11

7

2

DP0701

SANTIAGO A PORTOMOURO

11,15

12

10

4

DP0906

CAMPOLONGO A BETANZOS

23

10

7

1

DP1103

COMPARADA A PTE BELUSO

13,65

7

6,5

2

DP1104

PTE BELUSO A PTE SAN FRANCISCO

11,7

10

7

1

           
Páxinas suxeridas