Estás en:Novas

Santiago acolleu o sorteo de emparellamentos da Supercopa de baloncesto 2018

O deputado de Deportes, José García Liñares, destaca a importancia da colaboración institucional para traer este evento deportivo a Santiago

Santiago acolleu o sorteo de emparellamentos da Supercopa de baloncesto 2018

Xa se coñecen os emparellamentos da Supercopa Endesa 2018. Barça Lassa e KIROLBET Baskonia, por unha banda, e Monbus Obradoiro e Real Madrid, por outro, mediranse o venres 21 de setembro por un posto na final. As semifinais disputaranse ás 19:00 e 21:30, respectivamente. O sorteo de cruces realizouse este mércores 12 de setembro no Salón Vermello do Concello de Santiago de Compostela.

"Para a Deputación é unha honra colaborar neste evento. Desde o momento en que se nos suxeriu a posibilidade de organizar este evento desde o Monbus Obradoiro, e posteriormente por parte do Concello, fomos moi receptivos", afirmou o deputado de Deportes, José García Liñares, que ademais quixo lembrar unha frase de Michael Jordan "o talento gaña partidos, pero o xogo en equipo gaña campionatos. Que hoxe esteamos aquí é froito da colaboración de moitas persoas e institucións. Hai que desexar sorte a todos. Pero se o Monbus Obradoiro ten un pouco máis, non nos imos a queixar".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, afirmou que "este evento é unha homenaxe a un deporte moi valorado na cidade como é o baloncesto. Tamén a unha cidade Patrimonio da Humanidade que respirou baloncesto basket desde hai décadas. Temos moita sorte de ter este cartel de equipos e poder gozar de partidos de alto nivel na cidade"

Miguel Temboury reforzou o apoio de Endesa ás competicións ACB e o gran fin de semana de baloncesto que se vai a ver en Santiago. "Somos a empresa do baloncesto en España. Non só polo patrocinio, senón porque compartimos os valores deste deporte. Encántanos a Supercopa Endesa. É un evento que marca o inicio da tempada, dos moitos partidos que virán a continuación. E é un orgullo que veña a Galicia", declarou.

Por último, Antonio Martín, explicou que "para a ACB é un luxo poder estar aquí. Temos catro equipos que van dar moitísimo espectáculo. Con naturezas distintas neste verán, pero o catro son absolutos gañadores no que é importante para nós: xerar entretemento e espectáculo. E non quero esquecerme de agradecer todo o que fixo o Monbus Obradoiro para que a Supercopa Endesa veña a Santiago".

Noriega e Temboury foron as mans inocentes que sacaron as bolas dun sorteo onde Real Madrid e Barça Lassa foron cabezas de serie pola súa condición de vixentes campións de Liga Endesa e Copa do Rei respectivamente. Pola súa banda, Monbus Obradoiro disputará todos os seus partidos como local ao ser o equipo anfitrión.

En primeiro lugar, quedaron emparellados Monbus Obradoiro e Real Madrid, que se enfrontarán o venres 21 ás 21:30."Queremos gañar e ímolo a pór moi difícil. Temos o pavillón a rebentar e xa sabedes o que é a Caldeira do Sar. A Supercopa Endesa é un espectáculo. Imos dar a cara e competir. O Real Madrid vaino a ter moi complicado", afirmou Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro. "O equipo está preparado, con ilusión e ganas. Tentaremos darlle este ano un desgusto ao Monbus Obradoiro, aínda que sabemos que é moi difícil gañar aquí", sinalou Alberto Ferreiros, director técnico do Real Madrid.

A continuación, o sorteo deparou un Barça Lassa-KIROLBET Baskonia, semifinal que se xogará o venres 21 ás 19:00. "O ano pasado enfrontámonos en nove ocasiones entre todas as competicións. Nós imos competir. Imos vir a por todas. O obxectivo do noso club sempre é gañar", explicou Nacho Rodríguez, manager de xestión do Barça Lassa. "Fixemos incorporacións e esperamos que se adapten pronto e seguir na mesma liña. É o primeiro test da tempada e vimos con toda a ilusión a Santiago", engadiu Félix Fernández, director deportivo do KIROLBET Baskonia.
As dúas semifinais disputaranse o venres 21 de setembro e os gañadores veranse as caras na final da Supercopa Endesa o sábado 22 de setembro (19:15h), xusto despois de celebrarse o Concurso de Triplos O Corte Inglés (18:15). Todo o espectáculo do torneo poderase seguir en directo en #Imos, a nova canle de deportes exclusivo de Movistar+, dispoñible para todos os abonados da plataforma

"A Igrexa ten que tomar a decisión de permitir a veciños e veciñas que poidan gozar e vivir o seu patrimonio, visitar os tellados e os distintos espazos con beneficios económicos porque, a noso ver, é de xustiza e é tamén un modelo que se impón en boa parte dos bens patrimoniais do mundo. A catedral é, sen dúbida o monumento máis visíbel de Santiago e non queremos que se faga invisíbel para os composteláns e as compostelás", apuntou.

Páxinas suxeridas