Estás en:Novas

A Deputación da Coruña financiará o novo céspede artificial do campo de fútbol de Miño

O deputado provincial Bernardo Fernández confirma á Asociación Deportiva de Miño que a Deputación achegará 100.000 euros para financiar a obra

A Deputación da Coruña financiará o novo céspede artificial do campo de fútbol de Miño

O deputado provincial Bernardo Fernández, trasladoulles onte aos membros da directiva da Asociación Deportiva de Miño a decisión do Goberno provincial de destinar unha partida económica de 100.000 euros para financiar as obras de renovación do céspede artificial do campo de fútbol de Miño.

Esta achega económica articularase a través dun convenio de colaboración co Concello de Miño e permitirá renovar o actual terreo de xogo, moi desgastado tras máis de 13 anos de uso.

Na reunión que o deputado provincial mantivo coa directiva do club en Miño, Fernández Piñeiro coñeceu de primeira man a necesidade de renovar o céspede desta instalación deportiva, na que adestran e xogan os nove equipos de diferentes categorías e idades, facendo un uso intensivo do campo durante os anos que leva en funcionamento.

"Entendemos que é unha obra necesaria para manter en condicións axeitadas este campo e para seguir promovendo a práctica do fútbol en Miño", afirmou Bernardo Fernández, que sostivo que este compromiso chega tras a reunión que o pasado mes de maio mantivo o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, coa directiva da A.D. Miño para interesarse persoalmente polas súas peticións.

Páxinas suxeridas