Estás en:Novas

A Deputación da Coruña investirá 200.000 euros na renovación das beirarrúas da rúa do Ensino, en Pontecarreira (Frades)


O proxecto aprobouse hoxe no pleno provincial e contribuirá a mellorar a seguridade peonil e a estética do contorno

 

A Deputación da Coruña investirá 200.000 euros na renovación das beirarrúas da rúa do Ensino, en Pontecarreira (Frades)

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, un investimento de 198.735,29 euros para financiar as obras de renovación das beirarrúas da rúa do Ensino, no núcleo de Pontecarreira (Frades).

O proxecto contempla a construción de 1.360 metros lineais de beirarrúas (705 metros na marxe esquerda e 655 m. na dereita) nas marxes da estrada provincial DP 3802 de Ordes a Pontecarreira, entre os puntos quilométricos 17+140 e 17+870.

As novas beirarrúas, con baldosa de formigón e bordo de formigón armado, substituirán ás actuais, que se atopan nun estado de deterioración importante e contribuirán a mellorar a seguridade dos peóns así como a estética do conntorno, xa que o proxecto inclúe a formación de 19 alcorques nos que se plantarán outras tantas árbores.

Este proxecto enmárcase nas múltiples actuacións de mellora da seguridade peonil, creación de sendas e renovación de beirarrúas que está a financiar a Deputación ao longo dos máis de 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas.

Páxinas suxeridas