Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste este ano 5,8 millóns de euros en pavimentacións e saneamentos na comarca de Barbanza

González Formoso destaca a contribución do novo programa provincial "á mellora dos servizos básicos nos concellos rurais da provincia"

Máis do 50% dos 11,5 millóns que inviste o POS+ 2018 en Barbanza destínase á execución de 58 obras de mellora en camiños e estradas municipais e na rede de saneamento e abastecemento de auga

Boiro, Lousame, Mazaricos, Noia, Outes, Porto do Son e Ribeira dedican este ano a totalidade dos fondos provinciais para renovar e aumentar estas prestacións básicas

O Plan Único da Deputación inviste este ano 5,8 millóns de euros en pavimentacións e saneamentos na comarca de Barbanza

O Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña destina este ano un total de 5.850.327,45 euros para realizar 58 obras de mellora de camiños municipais e das redes de saneamento e abastecemento de auga nos concellos da comarca de Barbanza.

Este tipo de investimentos foron os máis solicitados polos concellos desta zona, dentro do novo plan provincial. Dos 11,5 millóns de euros que destina o Plan Único á comarca en 2018, as obras de pavimentación e saneamento supoñen unha porcentaxe de máis do 50%.

En canto a número de obras, a porcentaxe é aínda máis elevada, xa que das 66 obras financiadas na zona con cargo ao POS+2018, 58 (o 87,8%) pertencen a estas categoría.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que se trata dun "número importante de obras que, aínda que non sexan de gran magnitude, contribúen a mellorar significativamente a vida diaria dos veciños".

Aumentar as redes de abastecemento de augas, dotar de saneamento a núcleos rurais que carecen del, crear beirarrúas en estradas transitadas por peóns ou pavimentar camiños en mal estado serán algunhas destas obras destinadas a "mellorar os servizos básicos nos concellos rurais da provincia", segundo explicou o presidente provincial.

Dende a súa creación en 2017, o Plan Único permite aos concellos unha flexibilidade total á hora de investir os fondos que lles asigna a Deputación. "En lugar de propoñer unhas axudas específicas, a Deputación permite aos concellos escoller as súas prioridades", explicou González Formoso, que sinalou que a institución "xoga un papel fundamental para axudar aos concellos a ofrecer máis e mellores servizos públicos fundamentais, financiando obras que moitas veces os municipios rurais non poderían acometer por si mesmos".

Neste sentido, o Plan Único permite paliar a carencia de axudas específicas para servizos que os concellos están obrigados a subministrar, coma as redes de sumidoiros ou o acceso aos núcleos de poboación, permitíndolles aos municipios destinar os fondos que estimen necesarios a estas actuacións.

Na zona de Barbanza, foron maioría os concellos os que decidiron destinar a totalidade dos investimentos do Plan Único á mellora das infraestruturas viarias e redes de abastecemento e saneamento, unha elección que amosa a necesidade de financiamento para estes servizos básicos. Este foi o caso de Boiro, Lousame, Mazaricos, Noia, Outes, Porto do Son e Ribeira.

 

BOIRO  
Pavimentos en Moimenta, A Galea, Montaña e Magdalena 193.046,73
Beirarrúas en Boiro e Bao e pavimentos en Abanqueiro e Esteiro 156.603,85
Pavimentos en Espiñeira, Cariño, Montepequeno e A Graña 64.134,01
Pavimento en Belles, Estivada e Pomardorrio 152.372,32
Beirarrúas e pavimentos en Barraña, Igrexa, Boiro e Espadañal 194.939,62
Pluviais e pavimento en Vista Alegre-Escarabote 58.665,39
Pavimentos en Brazos, Bandalrio, Louriño, Treites, Boiro de Arriba, San Bermo e Rosomil 169.727,99
Pluviais e pavimento en Coroño 84.855,71
 TOTAL 1.074.345,62

 

CARNOTA  
Adecuación dz zona este da praza da Solaina 94.696,60     
Saneamento na corredoira de Labouco-Lira 73.693,37
Adecuación de rúas en Gándara de Lariño 98.651,87
TOTAL 267.041,84

 

 

LOUSAME  
Pavimentación de viais en Arxellas (Camboño) e outros 105.224,12
Pavimentación de viais en Carantoña 108.252,81
Vial en Cernade (Tállara) 81.526,25
Pavimentación de viais en Aldariz e outros 64.905,59
   
TOTAL 359.908,77

 

       

MAZARICOS  
Ampliacións e melloras da rede abastecemento en Cumbráns, A Xunqueira, Godón e Xeto 153.466,67
Mellora de pavimentación en camiños rurais das parroquias de Alborés, Arcos, Chacín, Coiro, Maroñas e Mazaricos 204.416,53
TOTAL 357.883,2

 

 

MUROS  
Mellora na rede hidráulica na contorna do parque O Chalón148.505,73  
Mellora da praza do Cristo en Tal 70.950,86
TOTAL 219.456,59

 

 

NOIA  
Nova rede de bombeo A Barquiña-Río do Porto 230.787,10
Acondicionamento acceso rúa Río do Forno 49.333,23
TOTAL 280.120,33

 

 

OUTES  
Vial de Cruceiro a Formigonado (Tarás) 61.246,56
Acceso no Formigueiro de abaixo (Cando) 38.833,12
Camiño Vilar a Cemiterio 49.272,68
Acceso en Vila do Monte e outros 48.231,64
Acceso na Famelga (de Xeral á Igrexa por centro social) 70.921,65
Camiño de paso inferior a cruce Broña-Benmidón (Roo) 79.946,58
Camiño xeral a Penseira (O Freixo) 60.145,25
Camiño Karting ao Areal (Entins) 75.680.70
Camiño Buiste a Casais (San Ourente) 68.811,51
Vial de Albeida a Vara (San Cosme) 70.157,70
TOTAL 623.316,690

 

          

 

A POBRA DO CARAMIÑAL  
Pavimentación pistas deportivas do Castelo 57.705,49
Ampliación e dotación de beirarrúas na estrada do lugar da Ponte ao lugar de Bandaseca 148.994,79

 

Actuación integral na estrada Bandaseca- O Castro 62.956,36
TOTAL 269.656,64

 

          

PORTO DO SON  
Humanización da Travesía da Igrexa (Portosín) 185.000,00
Saneamento en Caamaño 181.376,97
Reforma e acond. da rúa Outeiro Baixo 103.315,59
Saneamento en Xuño 223.679,67
TOTAL 693.372,23

                                               

 

RIANXO  
Ampliación e mellora da rede de abastecemento de auga en Suigrexa e Montegrande (Asados) 67.794,25
Dotación de redes de saneamento e abastecemento de auga en Lustres 104.439,13
Ampliación da rede de saneamento en Traba de Arriba e A Veiga (A Capela), parroquia de Araño 84.159,42
Pavimentación interior no núcleo de Brión (1ª fase) 113.559,91
Mellora e tratamento de firme da rúa Campo de Pazos e Iñobre (Taragoña) 29.764,52
TOTAL 399.717,23

           

 

RIBEIRA  
Instalación de pluviais no polígono ind. de Xarás 217.151,52
Rede de saneamento na rúa dos bolos (Aguiño) 45.789,93
Pavimentación do Camiño Sancortés e do cemiterio en Olveiros 46.587,89     
Pavimentación e instalación de rede de pluviais no Vilar (Carreira) 74.057,07
Pavimentación e instalación de rede de pluviais en Pedra do Pino (Corrubedo) 118.133,85
Pavimentación das rúas Pombal e Cervantes 34.574,41
Beirarrúas en Iñeiras, na rúa Francisco Lorenzo Mariño e en Abesadas 68.475,09
Reordenación do espazo público no lugar de Martín (Ribeira) 44.904,83
Pavimentación e rede de pluviais na rúa da Cruz (Aguiño) 69.933,38
Pavimentación e rede de pluviais en Agro do Areal e Carolo (Palmeira) 93.646,49
Aglomerado na rúa Atalaia (Corrubedo) 51.627,75
Pavimentación de camiños en Sirves 182.411,64
Pavimentación na estrada da Perdigoteira (Artes) 76.544,08
Pavimentación e renovación de servizos nas rúas Escorial e Pérez Galdós (Ribeira) 132.788,55
Reposición pavimento na rúa Canal e Camiño Ameixenda-Paramos (Castiñeiras) 48.881,82
TOTAL 1.305.508,3