Estás en:Novas

A Deputación da Coruña aproba as bases do Plan Único 2019, cun orzamento inicial de 61,5 millóns de euros

Dende a súa creación en 2017, o Plan Único acumula un investimento histórico de máis de 243 millóns de euros nos concellos coruñeses

Os concellos da provincia están a realizar máis de 800 obras, destinaron máis de 45 millóns a financiar servizos básicos como alumeado público e recollida de lixo e reduciron a súa débeda en 9,5 millóns con cargo a este plan

A Deputación da Coruña aproba as bases do Plan Único 2019, cun orzamento inicial de 61,5 millóns de euros

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e abstención do PP, as bases reguladoras do Plan Único do vindeiro ano (POS+2019), que distribuirá inicialmente 61,5 millóns de euros entre os concellos coruñeses.

Trátase da achega inicial do Plan Único 2019, que como todos os anos irá incrementándose progresivamente ao longo do exercicio coa incorporación de remanentes, pero permite aos 93 concellos da provincia planificar os seus investimentos nos orzamentos municipais do vindeiro ano, ao contar xa cunha previsión de ingresos da Deputación que poderán destinar, en función das súas necesidades, á execución de obras, ao financiamento de parte do gasto corrente dos servizos básicos, ou a sanear as economías municipais amortizando débeda con provedores e entidades bancarias.

O Plan Único, creado en 2017 polo Goberno provincial que preside Valentín González Formoso, unifica os antigos plans de investimentos da Deputación da Coruña (POS, PAS e PAI) e 11 liñas de subvencións nunha única convocatoria anual, permitindo aos concellos non só unha mellor planificación, senón maior axilidade na tramitación, máis autonomía local para decidir en que invisten os fondos provinciais e máis transparencia na asignación de recursos, xa que os fondos do POS+ distribúense en base a criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal do concello.

Os 93 concellos da provincia teñen de prazo dende o 15 de outubro ata o 20 de decembro para solicitar á Deputación os proxectos que queren financiar con cargo ao POS+2019.

243 millóns de euros de investimento e 800 obras nos concellos

Coa asignación aprobada hoxe, o orzamento do Plan Único alcanza os 243,5 millóns de euros de investimentos nos concellos coruñeses dende xuño de 2017, unha cifra histórica que ata o día de hoxe permite a execución de máis de 800 obras nos concellos e contribuíu a reducir a débeda dos municipios da provincia en 9,5 millóns de euros.

Ademais, 81 dos 93 concellos da provincia financian con cargo ao plan parte dos gastos de servizos básicos como alumeado público ou recollida de lixo, nos que o plan provincial leva investido 45 millóns de euros.

Debate no pleno

O portavoz do Partido Popular, Agustín Hernández, xustificou a abstención do seu grupo afirmando que se trata dun "plan minguante", que reduce os fondos con respecto ao ano pasado.

"A realidade desmonta a súa argumentación", afirmou o portavoz do Grupo Socialista, Bernardo Fernández, que lembrou que o Plan Único "é un plan vivo e dinámico, que medra ao longo do exercicio e que nos tres anos que leva en funcionamento supera en 144 millóns de euros o investimento dos plans do anterior goberno durante 2012, 2013 e 2014".

Fernández lembrou ademais que o plan DTC do anterior goberno provincial "primaba os investimentos nas cidades" en detrimento dos concellos pequenos, cunha "intención electoralista", que non responde á verdadeira función dunha Deputación.

"O Plan Único supón que por primeira vez na historia desta Deputación se trata aos concellos como maiores de idade", afirmou o portavoz do PSOE, que subliñou a importancia de permitir aos concellos decidir en que se invisten os fondos.

Neste aspecto incidiu tamén o deputado responsable da área de Plans e Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, que destacou que o programa "demostrou ser un instrumento útil" para que os concellos afronten as súas necesidades concretas e que "mellorou e simplificou as relacións entre os concellos e a Deputación".

"Todos os alcaldes da provincia, de todas as cores políticas, transmítenos claramente a eficacia do Plan Único", afirmou Regueira, que considerou que este sistema "debe ser o camiño" tamén para outras administracións públicas xa que ofrece total transparencia na asignación de fondos e permite total autonomía municipal para decidir en que investir en cada concello.

PLAN ÚNICO 2019: COMARCA DA CORUÑA

ConcelloAchega inicial 2019TOTAL 2017 - 2019
 Abegondo609.890,302.575.992,63
 Aranga488.462,232.071.438,75
 Arteixo1.296.674,295.468.324,08
 Bergondo466.491,851.907.731,24
 Betanzos549.164,352.335.357,48
 Cambre963.200,863.987.334,36
 Carral551.748,131.994.319,73
Coirós280.015,521.155.256,99
A  Coruña437.766,641.698.339,68
Culleredo1.227.617,294.881.137,24
Curtis518.813,012.196.279,34
Irixoa445.893,241.593.242,18
Miño477.257,341.811.698,91
Oleiros1.216.573,125.119.181,22
Oza-Cesuras884.684,163.726.995,17
Paderne364.980,791.414.980,55
Sada758.694,652.815.574,22
Sobrado544.369,212.248.496,53
Vilasantar336.857,421.381.908,25
TOTAL12.419.154,40 50.383.588,55

 

PLAN ÚNICO 2019: COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL

CONCELLOAchega inicial 2019TOTAL2017 - 2019
Ares341.149,171.393.184,78
Cabanas322.223,091.358.097,88
 Cariño368.937,171.525.376,10
 A Capela315.307,301.249.122,95
 Cedeira547.475,972.344.803,71
 Cerdido324.516,921.190.475,43
 Fene684.845,502.589.974,98
Ferrol753.659,352.810.049,53
 Mañón443.174,701.669.740,08
 Moeche291.043,441.198.992,00
 Monfero709.955,262.754.106,59
 Mugardos344.220,251.435.215,07
 Narón1.595.555,726.025.456,91
Neda392.056,161.441.144,71
 Ortigueira1.080.344,344.235.089,14
 Pontedeume519.530,781.949.415,57
 AS Pontes1.336.262,325.154.922,70
 San Sadurniño506.635,032.039.475,74
 As Somozas399.766,371.581.948,68
 Valdoviño  665.490,032.466.513,54
Vilarmaior305.541,281.078.572,28
  TOTAL 12.247.690,1547.491.678,37

 

PLAN ÚNICO 2019: COMARCA DE SANTIAGO

 

 
CONCELLOAchega inicial 2019TOTAL 2017 - 2019
Ames1.335.091,235.187.443,25
Arzúa893.564,143.613.115,18
A Baña568.541,512.361.212,72
Boimorto511.254,351.991.325,27
Boqueixón509.517,382.156.117,22
Brión575.833,772.380.430,76
Dodro265.392,111.137.391,04
Frades465.875,181.935.229,94
Melide853.691,543.400.293,75
Mesía538.300,112.231.670,90
Negreira750.966,033.045.982,09
Ordes978.513,293.995.946,37
Oroso711.453,582.542.050,66
Padrón560.405,212.117.519,65
O Pino663.370,242.798.733,59
Rois542.510,302.291.762,30
Santa Comba1.026.951,214.273.465,18
Santiago1.298.414,725.466.570,31
Santiso471.007,901.928.604,89
Teo924.021,023.792.497,03
  Toques  443.809,07  1.723.126,32
Tordoia579.088,222.444.483,37
Touro710.717,572.766.741,28
Trazo603.751,512.268.657,80
Val do Dubra698.531,512.517.995,73
Vedra509.080,372.002.149,56
TOTAL17.989.653,0772.370.516,16
 

PLAN ÚNICO 2019: COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

 
CONCELLOAchega inicial 2019TOTAL 2017 - 2019
 Cabana de Bergantiños614.734,572.365.526,75
Camariñas496.431.471.796.785,22
Carballo1.585.286,576.565.925,19
Cee511.983,922.098.664,41
Cerceda658.401,672.562.442,50
Corcubión195.054,88737.272,66
Coristanco1.023.521,003.428.463,23
Dumbría568.127,532.363.141,91
Fisterra333.418,321.349.803,37
A Laracha1.000.213,463.634.996,68
Laxe353.182,501.373.196,05
Malpica517.227,352.026.153,34
Muxía699.458,832.781.486,69
Ponteceso690.237,032.614.198,79
Vimianzo876.406,543.721.334,24
Zas716.749,672.947.216,63
 TOTAL10.840.435,31  42.366.607,66
 

PLAN ÚNICO 2019: COMARCA DE BARBANZA

CONCELLOAchega inicial 2019TOTAL 2017 - 2019
 Boiro901.098,773.739.228,09
Carnota429.141,141.786.636,08
Lousame548.084,352.050.235,35
Mazaricos812.304,853.322.126,37
Muros691.640,602.546.685,00
Noia804.544,422.769.929,09
Outes628.836,102.553.949,35
Pobra do Caramiñal506.438,151.989.644,10
Porto do Son751.409,612.880.448,58
Rianxo662.815,652.546.970,56
Ribeira1.266.747,434.701.750,69
TOTAL8.003.061,07 30.887.603,26
Páxinas suxeridas