Estás en:Novas

A Deputación aproba máis de 400.000 € para Compostela

A través de convenios de colaboración co Concello de Santiago, financiará a adquisición do legado pictórico de Carlos Maside, e as actividades do auditorio de Galicia.

A Deputación aproba máis de 400.000 €  para Compostela

A Deputación de A Coruña aprobou hoxe a celebración dun convenio co Consorcio da Cidade de Santiago (ente administrativo do cal forma parte o Concello) para financiar a adquisición do legado do pintor Carlos Maside. Este fondo pictográfico, composto por 21 pezas, será exhibido provisionalmente no Pazo de Fonseca da Universidade. Este gran logro cultural foi posible grazas á colaboración de cinco institucións (Concello, Estado, Xunta, Deputación e Universidade), e dos herdeiros de Carlos Maside. O importe da adquisición foi de algo máis de 430.000 €, dos que a metade foron achegados pola Deputación.

Por outra banda, aprobouse -co voto favorable de todos os grupos salvo o PP- un modificativo de crédito a través do cal se achegan 208.000 € para financiar as actividades do Auditorio de Galicia.