Estás en:Novas

A Deputación inviste 79.200 euros na ampliación da rede de abastecemento de auga da parroquia de Feás, en Aranga

O Plan Único destina 373.000 euros para pavimentación de pistas e camiños municipais en Mesía

A Deputación inviste 79.200 euros na ampliación da rede de abastecemento de auga da parroquia de Feás, en Aranga

O deputado responsable da área de Contratación da Deputación da Coruña, Xesús Soto, e o alcalde de Aranga, Alberto Platas, asinaron esta mañá na sede da institución provincial un convenio de colaboración para o financiamento das obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Feás.

Uns traballos que teñen un prazo de execución de catro suporán un investimento de 79.200 euros, dos que o 80% (63.360 €) serán achegados pola Deputación. A nova rede de abastecemento beneficiará a arredor de 200 veciños da zona que na actualidade non contan traída de auga potable nos seus fogares.

373.000 euros do Plan Único para a mellora de pistas en Mesía

Doutra banda, o Concello de Mesía vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación de cinco proxectos de mellora de camiños de titularidade municipal, que serán financiados con cargo ao Plan Único da Deputación por un importe conxunto de 373.276 euros.

As obras inclúen limpeza, reparación de fochancas e pavimentación de máis de 15 quilómetros de pistas e camiños municipais como o que vai de Mesía a Soutelo, Soutelo-Ordes, acceso a Carlexo (Visantoña), Camiño do Souto (Lanzá), cruce de Mou (Cabrui), camiño do Penedo a Ousende, acceso ao centro social de Lanzá, Camiño da Areosa, e Camiño de Ponte Carballa a Ponte Queiroa, entre outros.

Páxinas suxeridas