Estás en:Novas

A Deputación da Coruña financia a construción dunha senda peonil en Lamas no concello de Boqueixón

Achega 77.257 € para un proxecto que suporá un investimento de preto de 97.000 euros

A Deputación da Coruña financia a construción dunha senda peonil en Lamas no concello de Boqueixón

A Deputación da Coruña achega ao Concello de Boqueixón un total de 77.257 euros co que se financiará o 80% do proxecto de construción dunha senda peonil no lugar de Lamas que conta cun orzamento de 96.571 euros

O deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto, e o alcalde do concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, participaron no acto de sinatura de convenio polo que a Deputación da Coruña financia as obras de construción de una senda peonil nun viario en Lamas moi transitado, tanto por peóns como por vehículos, por ser un itinerario de acceso ao aeroporto.

O deputado Xesús Soto afirmou que "estas obras conseguirase incrementar notablemente a seguridade das persoas usuarias e dar resposta as necesidades da veciñanza do lugar".

Para a execución da senda, dividida en sete treitos, con un longo total de 621 metro, levaranse a cabo os traballos de a canalización de tubo, execución de 15 arquetas con sumidoiro e 21 metros de caz con reixa para a recollida de augas pluviais así coma a canalización de tubo para o alumeado público.

Para a unificación do treito da senda coa estrada estenderase unha capa de microaglomerado ao ancho da estrada para elevar a cota da rasante.
O proxecto tamén recolle o traslado dos colectores de lixo e o seu ocultamente cunha estrutura de madeira, retirada e colocación dunha nova marquesiña, instalación de 4 bandos de pedra granítica e repintado de marcas viais.