Estás en:Novas

Valentín González Formoso recibe na Deputación á ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño

Valentín González Formoso recibe na Deputación á ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá na sede da institución provincial á ministra de Economía e Empresa do Goberno de España, Nadia Calviño.

No salón de plenos, a ministra escribiu un pequeno texto no Libro de Ouro da Deputación, agradecendo "a hospitalidade a esta coruñesa de corazón" durante un acto ao que asistiron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e os portavoces dos distintos grupos políticos representados na Corporación provincial.

González Formoso agradeceu en nome da Corporación a visita da ministra e explicoulle brevemente algunhas das principais liñas do Goberno provincial relacionadas coas áreas de Economía e Empresa, como o Plan Único, o maior plan de investimentos das deputacións galegas e un dos máis importantes de España, ou a aposta pola creación de emprego que está a desenvolver o Goberno provincial.

O presidente provincial obsequiou á ministra cunha figura do gardián de Mariñán elaborada en cerámica de Sargadelos.