Estás en:Novas

A Deputación aposta polo City Marketing como ferramenta estratéxica para as pequenas e medianas cidades

González Formoso destacou a importancia que ten o márketing de cidade á hora de atraer investimentos, negocios ou talento, ademáis de contribuír a facer un lugar máis atractivo a nivel turístico, un sector clave, que representa entorno ao 12% do PIB e xera o 11% do emprego no noso país

Manuel Escourido explicou cómo o city markéting conseguiu cambiar a imaxe de grandes urbes e destacou a oportunidade que supón para vilas e pobos

A Deputación aposta polo City Marketing como ferramenta estratéxica para as pequenas e medianas cidades

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou esta mañá o libro "Introducción ao márketing de cidades como ferramenta de xestión pública", de Manuel Escourido, editado pola institución provincial coruñesa.

González Formoso destacou a importancia do márketing como ferramenta estratéxica para proxectar a imaxe das pequenas e medianas cidades "cunha marca, unha identidade propia que a faga diferenciarse das demáis, proxectando as súas cualidades"

Formoso destacou a importancia que, a nivel económico, cultural e social ten o márketing de cidade á hora atraer investimentos, negocios ou talento, ademáis de contribuír a facer un lugar máis atractivo a nivel turístico, un sector clave, "que representa entorno ao 12% do PIB e xera o 11% do emprego no noso país".

"Debemos apostar por un turismo sostible e intelixente, tamén nas pequenas vilas e cidades, que saiba apoveitar o enorme potencial que teñen recursos como o Camiño de Santiago, o patrimonio histórico ou as costas da nosa provincia e contribúa a xerar emprego e actividade económica", apuntou o presidente provincial, que felicitou ao autor polo exhaustivo traballo de investigación e documental para este libro.

Levar o city markéting ás vilas e cidades pequenas

Pola súa banda, Manuel Escourido, doutor en Económicas pola Universidade da Coruña, subliñou que o libro nace da preocupación por levar o markéting de cidade, que xa se aplica dende hai anos nas grandes urbes, ás vilas e cidades pequenas.

Escourido explicou como o city markéting conseguiu cambiar a imaxe de urbes como San Francisco, "que pasou de ser a cidade do amor a cuna da tecnoloxía" ou posicionar a Dubai e Abu Dhabi como cidades enfocadas ao turismo de élite e negocios.

"O turismo de cidade axuda a crear cidades nas un quere vivir, traballar ou investir. O gran reto é que as cidades pequenas, as vilas se suban tamén a ese tren", afirmou o autor, que destacou que "cada vez máis xestores e políticos están vendo esta necesidade, un exemplo delo é o presidente desta Deputación", afirmou.

O libro resume en 127 páxinas algúns principais aspectos da tese doutoral sobre o tema elaborada polo autor, Manuel Escourido, analizando e comparando procesos exitosos de City Marketing en urbes como Barcelona, Bilbao, Dubai, La Haya ou Medellín e definindo os pocesos e pasos a seguir para a elaboración de plans de márketing destinados a pequenas e medianas cidades.

Na publicación tamén se explican estratexias de segmentación e posicionamento na aplicación do márketing de cidades e algunhas das principais tendencias actuais neste ámbito: dende as "smart cities" ou as "learning cities", ás cidades sostibles ou as que teñen a cultura e o patrimonio como base do desenvolvemento local.

Páxinas suxeridas