Estás en:Novas

A Deputación da Coruña oganiza os vindeiros 22, 23 e 24 de setembro cursos exprés de sueco, escocés e linguaxe de signos

A Deputación da Coruña súmase, por sexto ano consecutivo, á conmemoración do Día Europeo das Linguas, coa celebración de tres cursos exprés de idiomas, que terán lugar os vindeiros días 22, 23 e 24 de setembro, en horario de tarde.

En concreto, este ano ofreceranse cursos de sueco, escocés e de linguaxe de signos, este último coa colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. O obxectivo é sensibilizar á opinión pública sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas, así como pór en valor a diversidade cultural e lingüística existente na Unión Europea.

Os cursos, de dúas horas de duración, serán impartidos por nativos e terán un carácter eminentemente práctico, introducindo aos asistentes no manexo básico da lingua ante situacións de uso cotián (saúdos, presentacións, etc.).

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse, de xeito gratuíto, no teléfono da oficina de Europe Direct na Deputación da Coruña (981 080 331) ou no email europedirect@dicoruna.es.

Páxinas suxeridas