Estás en:Novas

O Teatro Colón acolle mañá o a derradeira xornada sobre empoderamento da muller con cancro de mama

Terá lugar mañá 8 de novembro as 16h no Teatro Colón e contará coa asistencia de destacados especialistas en oncoloxía, xinecoloxía, psicoloxía, enfermería, nutrición e fisioterapia.

O Teatro Colón acolle mañá o a derradeira xornada sobre empoderamento da muller con cancro de mama

 

A Deputación da Coruña e o servizo de Oncoloxía do CHUAC organizan a derradeira xornada sobre a vida despois do cancro de mama.

O acto, que terá lugar mañá xoves, 8 de novembro, a partir das 16.00 horas, no Teatro Colón da Coruña, completará un ciclo de conferencias que ven tendo lugar nos últimos meses en diversos concellos da provincia, contará coa participación de mulleres de toda a comarca coruñesa que superaron a enfermidade e pretende despexar dúbidas, intercambiar opinións e abordar cuestións de interese para as afectadas en relación con cuestións como a sexualidade, o embarazo, os coidados, a nutrición ou aspectos psicolóxicos unha vez superado o cancro.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que a institución provincial ofreceu o seu apoio para levar a toda a provincia unha serie de charlas impulsadas polo o servizo de Oncoloxía do CHUAC que dirixe o doutor Antón Aparicio e que "permite axudar a moitas mulleres a resolver as súas dúbidas tras a enfermidade e tamén os profesionais sanitarios obter un feedback moi valioso dende o punto de vista sociosanitario sobre as súas experiencias".

Inscrición gartuíta a través da app creada para

A derradeira xornada do ciclo "Empoderamento da muller con cancro de mama" conta xa con máis dun centenar de mulleres inscritas, moitas delas a través da app para dispositivos móbiles creada para o evento (EMCM18), na que ademais se pode acceder ao programa e a información relativa a esta ou tamén enviando un correo electrónico a secretariatecnica@puntouparte.es ou chamando ao teléfono 680 322 350.

O foro contará coa participación de diversos especialistas que explicarán os coidados de enfermería e a epidemioloxía do cancro de mama, que afecta cada ano a 350 mulleres só na área sanitaria coruñesa. Xinecólogos, oncólogos psicólogos, enfermeiras e fisioterapeutas recoñecidos participarán no acto.

Entre os colaboradores que forman parte desta derradeira conferencia contarase con IKEA que será a encargada de decorar o escenario da xornada e con Solán de Cabras