Estás en:Novas

A Deputación incorpora como bolseiros a tres alumnos do máster de xestión de produtos turísticos da UDC

A Deputación incorpora como bolseiros a tres alumnos do máster de xestión de produtos turísticos da UDC

A Deputación da Coruña incorporará como bolseiros a tres alumnos do Máster de planificación e xestión de destinos e produtos turísticos da Universidade da Coruña (UDC).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio que articulará esta colaboración entre ambas as dúas institucións co obxecto de completar, mediante prácticas laborais na administración, a formación académica dos alumnos do máster.

Ao mesmo tempo, a Deputación da Coruña reforzará a súa área de Turismo coa incorporación de persoas cunha sólida formación académica especializada, que contribuirán co seu talento e coñecementos a desenvolver os numerosos proxectos de promoción turística que impulsa a institución provincial nos diferentes xeodestinos coruñeses.

O convenio supón un desembolso económico de 34.544 euros, financiados integramente pola Deputación e as prácticas realizaranse por un período de un ano.

Páxinas suxeridas