Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste preto de 185.000 euros nas obras de mellora da rúa Centeás, no casco histórico de Cariño

O Plan Único da Deputación inviste preto de 185.000 euros nas obras de mellora da rúa Centeás, no casco histórico de Cariño

O Concello de Cariño vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras de pavimentación e renovación de servizos da rúa Centeás, no casco histórico da localidade, que serán financiadas cun investimento de 184.740,39 euros, dos que 164.450,82 euros proceden dos fondos do Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña e 20.289,37 de fondos propios do Concello de Cariño.

As obras suporán unha importante remodelación desta rúa, situada no extremo norte do casco histórico de Cariño, e que comunica este co cemiterio municipal, a estrada ao Cabo Ortegal e parte nova da localidade, polo que conta cun gran tránsito de peóns e vehículos.

Os traballos incluirán a total renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga que dan servizo ás 83 vivendas rexistradas na rúa Centeás e aproveitaranse para instalar unha rede separativa de recollida de pluviais e unha preinstalación para unha futura rede soterrada de alumeado público que permita eliminar o cableado exterior.

A rúa contará con 1.370 m2 de novo pavimento de formigón pulido armado con mallazo para evitar a rotura da lousas co paso do tempo

Páxinas suxeridas