Estás en:Novas

A Deputación entrega novos vehículos adaptados a Aspace, Agasdep e Amarai

González Formoso destaca que "contribuirán a facilitar a gran labor social" que desenvolven estas asociacións

Coa entrega de hoxe, a Deputación completa a cesión dun total de once vehículos adaptados a outras entidades sen ánimo de lucro a provincia

A Deputación entrega novos vehículos adaptados a Aspace, Agasdep e Amarai

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, entregaron hoxe tres novas furgonetas adaptadas para o transporte de persoas con discapacidade física ás entidades Aspace (Sada) , Agasdep (A Coruña) e Amarai (Arzúa).

González Formoso destacou que os vehículos, con capacidade para nove persoas e dotados plataforma lateral eléctrica que os fai completamente accesibles para persoas con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas, "contribuirán a facilitar a gran labor social que desenvolven estas asociacións", facilitando os desprazamento diario dos usuarios.

Os responsables das tres entidades destacaron o importante apoio da Deputación ao ceder estes vehículos, que premitirán solucionar o transporte de moitas persoas con grandes necesidades de apoio. O transporte de usuarios é un aspecto fundamental e un dos grandes problemas cos que se atopan este tipo de asociacións á hora de desenvolver a súa actividade.

A deputada responsable da área de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, incidiu tamén neste aspecto e destacou que "na Deputación escoitamos ás entidades e somos conscientes deste problema, por iso creamos un programa para axudar a solucionar o problema do transporte".

11 vehículos adaptados para as entidades da provincia

Coa entrega destes tres vehículos, a Deputación da Coruña completa a cesión dun total de once vehículos adaptados a outras entidades sen ánimo de lucro a provincia.

As entidades beneficiarias desta convocatoria foron a Asociación Nosa Señora de Chamorro, a Asociación de Discapacitados da Comarca de Muros, Asociación de persoas con discapacidade Avante; Asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide (Amarai), Asociación Discapacitados Terra de Muros, Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, Asociación Pais Def. Físicos e Psíquicos Comarcas Xallas-Cee, Asociación Pro Saúde Mental A Creba, Asociación Porta Nova, , Asoc. Íntegro P/ Diversidade Funcional comarca Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e Asoc. de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE).

Páxinas suxeridas