Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia con seiscentos mil euros os investimentos de entidades de servizos sociais

Máis de sesenta asociacións benefícianse desta liña de apoio

A Deputación da Coruña apoia con seiscentos mil euros os investimentos de entidades de servizos sociais

A Deputación da Coruña achega 595.718,70€ para investimentos de entidades de servizos sociais. En total máis de sesenta asociacións benefícianse da liña promovida pola área de Servizos Sociais que dirixe Ánxela Franco.

Adquisición de mobiliario, adaptación de espazos, compra de materiais audiovisuais, ampliación de centros, investimentos en TICs, cubertas de pistas, acondicionamento de espazos ao ar libre, cambio de cubertas, renovación de xanelas, ampliación de obradoiros, materiais ofimáticos ou reparación de baños son algúns dos proxectos das entidades de servizos sociais que reciben axuda da liña de investimentos da área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña.

En total, son case seiscentos mil euros dos que se benefician un total de 64 entidade, con axudas que alcanzan até 27.500 euros e que se distribúen en función de criterios obxectivos. "Para nós esta liña é fundamental á hora de contribuír ás mellores condicións das entidades que están a traballar no ámbito dos servizos sociais, que fan unha función fundamental para a mellor calidade de vida das persoas que máis o precisas e que teñen que contar co apoio das institucións", sinala a deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco que lembra tamén que a Deputación da Coruña vén de resolver unha liña de axudas polas que se dotou de novos vehículos adaptados a entidades sociais.

"As entidades de servizos sociais precisan do apoio institucional para facer investimentos necesarios para desenvolver o seu labor e nós queremos traballar man a man con elas para que conten que a Deputación da Coruña, na medida das nosas posibilidades, estamos para colaborar e mellorar a atención ás persoas que tanto o necesitan", engade Ánxela Franco.

Listaxe de axudas a investimentos de entidades de servizos sociais:

Entidade

Obxecto

Concedido

A B C, S.COOP.

ADQUISICIÓN DE MOBILIARIO E REMODELACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS DA NOSA ESCOLA INFANTIL

16.886,55

A XANELA ASOCIACIÓN DISCAPACITADOS ACTIVOS

Adaptación de espazos e mobiliario

2.503,37

A.M.I.C.O.S. DA BARBANZA

AMPLIACIÓN CENTRO DE DÍA AMICOS:

20.000,00

A.P.A. DEL JARDÍN DE INFANCIA RAIOLA

Cubreradiadores e pintura no corredor principal

2.727,58

ACCION FAMILIAR FERROL

Adquisición dun proxector, unha destrutora de papel e un arquivador con chave para o Programa Intégra-T

650,00

ANDAINA PROSAUDE MENTAL EMPREGO, S.L.

PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL ANDAINA PSM EMPREGO

13.484,93

ASOC ASISTENCIAL GALEGA DE SERVICIOS A DEPENDENCIA (AGASDEP)

Investimento en TICs Centro de día

3.714,56

ASOC.GALEGA PARA AXUDA ENFERMOS CON DEMENCIA TIPO ALZHEIMER

EQUIPAMENTO CENTRO DE DIA SANTIAGO DE C.

16.000,00

ASOC.INTEGRO P/DIVERSIDAD FUNCIONAL COMARCA BERGANTIÑOS,T.SONEIRA E FISTERRA

Obras e equipamento do Centro de Recurso INTEGRO

25.000,00

ASOC.PADRES DE PERSONAS C/DISCAPACIDAD INTELECTUAL,ASPAS

INVESTIMENTO PARA A MELLORA DA CALIDADE DOS SERVIZOS DA ASOCIACIÓN ASPAS

25.000,00

ASOC.PADRES NIÑOS DEFICIENTES FIS.Y PSIQ.COMARCA XALLAS-CEE

Mellora do equipamento na residencia de adultos e vivenda tutelada de ASPADEX

25.000,00

ASOC.PAIS DE PERSOAS CON TRASTORNO DE ESPECTRO  AUTISTA-T.E.A-PROV.A CORUÑA

Reforma de espazos servizo de atención residencial

27.500,00

ASOC.PERSOAS C/DISC. E APOIO A INTEGR.COMARCAS ARZUA E TERRA DE MELIDE (AMARAI)

MELLORA DE EQUIPAMENTO E INFRAESTRUTURAS NO CENTRO DE RECURSOS

20.800,00

ASOC.SAÚDE MENTAL FERROL EUME E ORTEGAL ASOC.DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL

Renovación e ampliación de equipamentos

6.300,00

ASOC.XUV.CULT.DEP.MEDIOAMB.E DE PROM.DA SAÓDE INTEGRAD@S

REFORMA E EQUIPAMENTO FOGAR ESCOLA INTEGRADOS

10.015,20

ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Cuberta da pista deportiva

25.000,00

ASOCIACIÓN ANTIDROGA VIEIRO DE CARBALLO

MOBILIARIO DE OFICINA  PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS

3.327,02

ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL SARELA

Equipamento tratamentos de rehabilitación

3.840,00

ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER

Infraestrutura e equipamento

13.614,80

ASOCIACIÓN DE PADRES DE PERSONAS CON PARALISIS CEREBRAL

Adecuación da fachada da Residencia II

20.000,00

ASOCIACIÓN DE PAIS DE NENOS CON PROBLEMAS PSICO-SOCIAIS

EQUIPAMENTO CENTRO OCUPACIONAL ASPANEPS.

2.381,50

ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE AVANTE

Equipamento informático avante

3.146,50

ASOCIACIÓN DIGNIDAD-GALICIA

Investimentos

16.490,88

ASOCIACIÓN DISCAPACITADOS BISBARRA DE MUROS

CAMBIO DA CUBERTA DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES

25.000,00

ASOCIACIÓN FAMILIAR ENFERMOS ALZHEIMER AFAL FERROL

Equipamento Centro de Día Terapéutico

8.224,55

ASOCIACIÓN FERROLA DE DROGODEPENDENCIAS ASFEDRO

Renovación xanelas comunidade terapéutica.

15.840,00

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS

SERVIZO DE REHABILITACIÓN PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

2.052,88

ASOCIACIÓN ITINERA

RESPIRO FAMILIAR

1.456,00

ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO

INNOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN TECNOLÓXICA

12.187,80

ASOCIACIÓN PADRES DISMINUIDOS PSIQUICOS ASPADISOL-OLEIROS

Illamento cuberta centro ocupacional

3.900,00

ASOCIACIÓN PAIS NENOS CON MINUSVALÍA (ASPANEMI)FERROL

Adquisición de materiais diversos

701,56

ASOCIACIÓN PARA LA INCLUSIÓN DE PERSONAS CON DIVERSIDAD FUNCIONAL

AMPLIACIÓN TALLER OURIVERÍA

2.800,00

ASOCIACIÓN PRO-ENFERMOS MENTALES A CORUÑA

Alfabetización Dixital para as Persoas con problemas de Saúde Mental

7.188,86

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE PENSIONISTAS Y JUBILADOS (UDP) A CORUÑA

EcoXestión: Centros Amigable para as persoas maiores

20.000,00

ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DA CORUÑA

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA: MENTE EN MOVEMENTO

2.600,00

ASOCIACIÓN SOCIO-EDUCATIVA O PARQUE

ESCOLA INFANTIL O PARQUE (Investimento en novas tecnoloxías para as aulas)

1.620,85

ASOCIACIÓN UNIDAD DE TRATAMIENTO DEL ALCOHOL Y CONDUCTAS ADICTIVAS LUIS MIGUEL MORAS

Cambio do mobiliario da sala de espera; da biblioteca e dos despachos

17.046,85

BETANIA DE JESUS NAZARENO

TU PUEDES

796,80

CARITAS DIOCESANA DE SANTIAGO

CUBERTA DE PATIO EXTERIOR DO CENTRO DE ATENCIÓN SOCIAL CONTINUADA "VIEIRO"

6.097,48

CARITAS DIOCESANA MONDOÑEDO FERROL

Investimento Centro de día de inclusión social

5.511,23

CASA DE HERMANAS HOSPITALARIAS CENTRO PAI MENNI

EQUIPAMENTO INFORMÁTICO E DOUTROS SERVIZOS DO CENTRO

13.860,00

CENTRO CULTURAL JUAN XXIII DE SANTIAGO

ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO PARA O ALBERGUE JUAN XXIII

1.796,05

COCINA ECONÓMICA DE FERROL

MELLORA DE INSTALACIÓNS (INFRAESTRUTURA E MOBILIARIO)

14.122,06

COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO

Reparación e adaptación dos baños e das duchas

6.197,08

COLEGIO JORGE JUAN PERLIO COOP R. LTDA

RENOVACIÓN ESCOLA INFANTIL JORGE JUAN

3.119,50

COLEGIO LUDY, SDAD COOP GALLEGA

Obras e outros investimentos - Escola Infantil Ludy

5.850,93

COMUNIDAD LAR A MERCE

Mellora no mobiliario dos espazos comúns e habitacións dos fogares dos menores

20.000,00

FEAFES GALICIA (FEDERACIÓN ASOC.FAM.ENFERMOS MENTAIS DE GALICIA)

Proxecto de inserción laboral para persoas con enfermidade mental

6.390,00

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA

Dixitalización da xestión do Servizo de Intérpretes 

1.995,00

FEDERACIÓN GAL.INSTIT.P/SINDROME DOWN - GALICIA

Mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos do Movemento DOWN GALICIA 2018 - Provincia da Coruña

2.407,35

FUNDACIÓN AMIGO

PROXECTO CONVIVINDO 

10.500,00

FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA

Mellora das condicións de traballo do centro SEPAP

11.734,65

FUNDACIÓN ERGUETE-INTEGRACIÓN

ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO PARA CALOR-CAFE - PROGRAMA SISIFO

1.219,20

FUNDACIÓN JUANSOÑADOR

Mobiliario e equipamento informático para a mellora do proxecto Socioeducativo Na Rúa Coruña

917,81

FUNDACIÓN RAIOLA

SALÓN DE USO MÚLTIPLES

20.000,00

FUNDACIÓN RONSEL

Elixe o Teu Futuro,

2.600,00

GRUMICO GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA

Rehabilitación integral, promoción da autonomía persoal e benestar das persoas con discapacidade física.

1.440,00

MISELA (ASOC.PERS.DISC.COMARCA NOIA-MUROS)

Equipamento para proxecto de Horticultura Terapéutica

2.415,00

PATRONATO CONCEPCION ARENAL

UN FOGAR QUENTE E RESPONSABLE ENERXETICAMENTE

5.200,00

REAL INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS

Equipamento Centro Residencial

16.855,43

RESID.NTRA.SRA.VIRTUDES EN PONTEDEUME HMNTAS.ANC.DESAMP.PROV.RELIGIOSA

Adquisición equipo contra incendios

3.775,20

RESIDENCIA SAN JOSE JUBIA HOGAR ANCIANOS DESAMPARADOS PROV.STAGO

ADQUISICIÓN DE MOBILIARIO CENTRO RESIDENCIAL

5.366,59

S.O.S. RACISMO-GALICIA

ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO INFORMÁTICO E MOBILIARIO

840,00

VIRAVENTOS

PROGRAMA PARA A INCORPORACIÓN SOCIOLABORAL DE PERSOAS INMIGRANTES

709,10

 

 

 

 

TOTAL:  

595.718,70

 

 

Páxinas suxeridas