Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 3 millóns de euros na renovación do alumeado público de 21 concellos da provincia

González Formoso destaca que as obras permitirán mellorar a eficiencia enerxética e reducir entre un 75% e un 90% a factura eléctrica dos municipios

O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 3 millóns de euros na renovación do alumeado público de 21 concellos da provincia

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia con 3 millóns de euros un total de 36 proxectos de renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética nos concellos da provincia.

En total, 21 concellos coruñeses optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos orientados a mellorar e modernizar as súas redes de alumeado (fundamentalmente mediante a substitución das antigas luminarias de vapor de sodio por outras de tecnoloxía LED) en espazos rurais e urbanos, o que contribúe a mellorar a calidade luminosa e a reducir significativamente a factura eléctrica e as emisións de CO2 asociadas ao consumo eléctrico.

"Cada un destes 36 proxectos permite reducir a factura eléctrica entre un 75 e un 90%", afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que destacou "a importancia de que os gobernos locais aposten por este tipo de actuacións", xa que o custo medio da factura eléctrica dos concellos supón ao redor dun 10% do seu orzamento anual, superando incluso os gastos persoal nalgúns casos. A esta situación contribuíu tamén, segundo o presidente provincial, o imparable incremento do prezo da enerxía eléctrica en máis dun 100% na última década.

Como exemplo, o proxecto de mellora do alumeado público do Milladoiro (Ames) permitirá reducir a factura eléctrica de 51.623 €/ano a só 12.928 € anuais; mentres que en Moeche o gasto do alumeado no entorno da feira verase reducido de 7.667 euros a 1.071 euros ao ano.

Concellos urbanos e rurais apostan pola eficiencia enerxética

Dende a súa creación en 2017, o Plan Único permite aos concellos unha flexibilidade total á hora de investir os fondos que lles asigna a Deputación. "En lugar de propoñer unhas axudas específicas, a Deputación permite aos concellos escoller as súas prioridades", explicou González Formoso, que apuntou que os proxectos de mellora de eficiencia enerxética do POS+ "son rendibles a nivel económico, social e medioambiental" e esténdense dende contornas claramente urbanos como a cidade da Coruña (modernización enerxética do barrio do Castrillón) ou Milladoiro (Ames), que concentra a metade da poboación do municipio, a pequenos núcleos rurais de Irixoa, Coirós, As Somozas ou Vilasantar.

Ames, Arzúa, Betanzos, Camariñas, Cambre, A Capela, Coirós, A Coruña, Culleredo, Fisterra, Irixoa, Moeche, Muros, Narón, Ortigueira, O Pino, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño, Vilasantar e Vimianzo son os concellos da provincia que decidiron destinar parte dos fondos que lles achega o Plan Único da Deputación para realizar obras de mellora da súa rede de alumeado público con investimentos que oscilan entre os 446.890,87 euros da Coruña ou os 375.805,47 € de Culleredo e os 7.998,68 de Vilasantar.

Estes 36 proxectos forman parte das 1.146 obras de mellora de infraestruturas que, cun investimento histórico de 182 millóns de euros no bienio 2017-2018, financia o Plan Único (POS+) nos 93 concellos da provincia da Coruña.

AMES

Mellora eficiencia enerxética  iluminación pública Milladoiro

356.837,92€

TOTAL

356.837,92€

                       

ARZÚA

Renovación iluminación pública Brandeso e Os Campos

20.420,44 €

Arranxo alumeado parroquias Burres e Brandeso

70.577,96 €

TOTAL

90.998,40 €

BETANZOS

Mellora eficiencia enerxética rúa Venezuela

194.789,38€

TOTAL

194.789,38€

 

CAMARIÑAS

Mellora alumeado público Avda. Eugenio López

30.030,26€

TOTAL

30.030,26€

 

CAMBRE

Iluminación led no parque F Rodríguez e na rúa Constitución

68.174,90€

TOTAL

68.174,90€

           

 

A CAPELA

Mellora iluminación Enxertados e Os Calzados

30.000,00€

TOTAL

30.000,00€

 

           

 

COIROS

Mellora rede iluminación pública en Combarro

50.081,46€

Mellora rede iluminación pública en Casal

45.667,55€

Mellora rede iluminación pública en Loureiros

30.857,59€

Mellora rede iluminación pública en Anta

30.024,97€

Mellora rede iluminación pública en Recebés

34.331,50€

TOTAL

190.963,07€

A CORUÑA

Corrección deficiencias iluminación pública. Distritos 1 a 5

230.155,21€

Modernización enerxética barrio de Castrillón

216.735,66€

TOTAL

446.890,87€

CULLEREDO

Aforro enerxético Condes de Andrade e Vigovidin

126.069,22€

Reposición columnas e iluminación no paseo Fernando II

99.936,82€

Aforro enerxético iluminación pública urbaniz. Aguas Mansas

80.029,48€

Aforro enerxético iluminación pública prazas de Sta. Gema

69.769,95€

TOTAL

375.805,47€

FISTERRA

Subministración luminarias led no núcleo Fisterra

33.976,80€

Mellora da iluminación no concello de Fisterra

29.580,98€

TOTAL

63.557,78€

           

 

IRIXOA

Mellora rede iluminación pública na Airavella

31.421,86€

TOTAL

31.421,86€

MOECHE

Mellora iluminación AC-862

75.054,31€

TOTAL

75.054,31€

                                              

 

MUROS

Alumeado público AC-550 parroquias Abelleira e Tal

21.356,24€

TOTAL

21.356,24€

           

 

NARÓN

Mellora da eficiencia enerxética no barrio de Xuvia

130.870,80€

Eficiencia enerxética alumeado no Alto do Castiñeiro

138.849,46€

Eficiencia enerxética no alumeado de Freixeiro

179.012,76€

TOTAL

448.733,02€

ORTIGUEIRA

Mellora alumeado público Fontela, Ferreiros e  O Fabeiro

141.629,76€

Instalación baixa tensión pavillón polideportivo Ortigueira

32.000,00€

TOTAL

173.629,76€

           

 

O PINO

Renovación iluminación pública no lugar de Burgo (Arca)

96.894,36€

Renovación iluminación parroquias Pereira, O Pino e Alvarin

81.730,82€

TOTAL

178.625,18€

SAN SADURNIÑO

Mellora da iluminación nas instalacións deportivas

42.533,42€

TOTAL

42.533,42€

           

 

SOMOZAS

Alumeado público en Seixas

90.124,50€

TOTAL

90.124,50€

VALDOVIÑO

Mellora iluminación pública entrada Valdoviño por AC-566

50.000,00€

TOTAL

50.000,00€

VILASANTAR

Mellora eficiencia enerxética no Cruce Sesmonde

7.998,68€

TOTAL

7.998,68€

 

VIMIANZO

Subministración 225 luminarias LED para iluminación pública

18.541,74€

TOTAL 

18.541,74€

 

Páxinas suxeridas