Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste 3,4 millóns de euros na construción de 21 sendas peonís nos concellos da provincia

Valentín González Formoso destaca a "contribución do plan á mellora das infraestruturas locais", xa que permite a 15 municipios coruñeses financiar proxectos de mellora da seguridade viaria

As obras complementan a acción do Plan de Sendas do departamento de Vías e Obras, que inviste 6,3 millóns na construción de 60 quilómetros de itinerarios seguros para peóns en 26 estradas provinciais

O Plan Único da Deputación inviste 3,4 millóns de euros na construción de 21 sendas peonís nos concellos da provincia

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña inviste 3,4 millóns de euros na construción de 21 sendas peonís nos concellos da provincia.

En total, quince concellos coruñeses optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos orientados a mellorar a seguridade dos viandantes nas marxes das estradas, fundamentalmente en zonas rurais nas que estas carecen de beiravías ou beiravías que permitan a circulación de peóns cunhas condicións mínimas de seguridade.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou "a importante contribución do Plan Único á mellora das infraestruturas municipais, cun investimento histórico que xa supera os 243 millóns de euros" no período 2017-2019 e que permite a execución de 1.146 obras nos 93 concellos da provincia.

Formoso afirmou que o POS+ "está demostrando ser un instrumento útil" para os concellos, xa que – ademais de incrementar a transparencia e concentrar nun só plan anual a ampla acción de apoio aos municipios da Deputación – "permite que os propios municipios sexan os protagonistas, os que deciden cales son as obras que precisan, en función das súas necesidades concretas".

O presidente considerou "unha boa noticia" que 15 municipios optaran por destinar parte dos fondos á mellora da seguridade peonil e destacou que a acción do Plan Único "complementa o importante esforzo inversor que estamos a facer dende o departamento de Vías e Obras para a construción de 60 novos quilómetros de sendas peonís nas estradas da provincia", en referencia ao Plan de Sendas da Deputación, que mellora a seguridade dos viandantes en 26 estradas provinciais, cun orzamento de 6,3 millóns de euros neste mandato.

As sendas financiadas polo Plan Único permitirán, por exemplo, mellorar a seguridade da veciñanza e do alumnado da escola infantil de Carnoedo (Sada); cumprir coa antiga demanda dos veciños de A Cachada (Arteixo), que hai anos que demandan un itinerario peonil seguro na zona; completar os paseos existentes do entorno do río Sar (Santiago), incrementar a seguridade do acceso ao cemiterio de Arca (O Pino), mellorar o entorno de Ponte Maceira (Ames) ou desenvolver plans municipais de mellora da seguridade peonil como o que se está levar en cabo en Teo, que financia un total de catro obras co POS+ cun investimento global que supera os 780.000 euros.

1.146 obras que contribúen a mellorar as infraestruturas locais

Construción de parques infantís, proxectos de humanización e recuperación de rúas e espazos públicos, melloras en infraestruturas educativas ou deportivas municipais, creación de xardíns e zonas verdes, rehabilitación de locais sociais e veciñais, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público son algunhas das 1.146 obras financiadas con cargo ao Plan Único en todo o territorio provincia.

 

SENDAS PEONÍS PLAN ÚNICO

COMARCA DA CORUÑA

 

ARTEIXO

 

Senda peonil na Cachada

648.367,90€

Senda peonil vial Pisa de Glorieta Avda. Arsenio Iglesias a Intersección do Rañal

 

457.080,88€

 

 

TOTAL

1.105.448,78

                       

 

CURTIS

 

Senda peonil para mellora da seguridade viaria no camiño de acceso aos núcleos de Abelar desde a rúa C. Barbazán

 

74.870,00€

 

 

TOTAL

74.870,00€

 

SADA

 

Senda peonil e novos servizos AC-163 dende a Escola ata DP 7504, por Carnoedo

115.141,17€

TOTAL

115.141,17€

 

 

COMARCA DE COMPOSTELA

 

 

AMES

 

Senda peonil dende a Ponte Nova a Ponte Maceira e acceso a Piñor (Agron)

107.269,15€

TOTAL

107.269,15€

 

NEGREIRA

 

Asfaltados e formigonados de pistas e camiños en San Vicente e senda peonil entre A Barca e Chancela

317.944,04€

TOTAL

317.944,04€

           

TEO

 

Senda peonil entre Ribeira e o Raxo (Cacheiras)

122.825,07€

Senda peonil entre Vilanova e Tarrío  (Recesende)

209.623,72€

Senda peonil entre A Pedra e a Estrada AC-841 (Recesende)           

204.357,46€

Construción de sendas peonís en Calo e Os Tilos

244.124,71€

TOTAL

780.930,96€

           

O PINO

 

Senda peonil para seguridade viaria en acceso a cemiterio de Arca

68.079,57€

Senda peonil a Igrexa de S. Miguel de Cerceda

80.947,54€

TOTAL

149.027,11€

 

MESIA

 

Senda peonil no lugar da Igrexa (Albixoi)

73.824,13€

TOTAL

73.824,13€

 

SANTIAGO

 

Senda peonil na rúa da Xunlla e ampliación do paso sobre o río Sar en Laraño

 

170.274,56€

TOTAL

170.274,56€

 

 

 

TOURO

 

Senda peonil de Abelenda a Loureiros

56.853,11€

TOTAL

56.853,11€

           

TRAZO

 

Senda peonil en Chaián

35.368,78€

TOTAL

35.368,78€

 

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS/ COSTA DA MORTE

 

CERCEDA

 

Senda Peonil na AC-400 de Cerceda a cruce de Cortella

83.998,81€

TOTAL

83.998,81€

 

                                               

MALPICA

 

Senda Peonil na marxe esquerda O Vilar-As Rabuceiras

119.736,08€

Senda Peonil na marxe dereita As Rabuceiras

38.900,76€

TOTAL

158.636,84 €

 

 

VIMIANZO

 

Senda peonil na contorna do rego de Cambeda desde a Braña do curso ata Ponterroda

133.840,00€

TOTAL

133.840,00€

 

 

COMARCA DE FERROLTERRA

 

 

SAN SADURNIÑO

 

Senda Peonil no Camiño Grande (Igrexafeita)

44.487,25€

TOTAL

44.487,25€

           

 

TOTAL: 3.407.914,69 

 

 

Páxinas suxeridas