Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste 3,5 millóns de euros na construción e renovación de 42 parques infantís na provincia

Vinte e tres concellos da provincia renovan os espazos de xogos e lecer para os máis pequenos co apoio económico da Deputación

González Formoso sinala que o POS+ permite aos concellos contar con parques máis amplos e seguros que, en moitos casos, contan con xogos adaptados para nenos e nenas con diversidade funcional

O Plan Único da Deputación inviste 3,5 millóns de euros na construción e renovación de 42 parques infantís na provincia

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia cun investimento de 3.515.485,96 euros un total de 42 obras de construción ou renovación de parques infantís na provincia da Coruña.

En total, 25 concellos coruñeses optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos de creación, ampliación ou renovación dos espazos públicos dedicados ao xogo dos máis pequenos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que as obras inclúen a adaptación dos recintos á normativa española e europea en materia de seguridade (dimensións, espazos, distancias e alturas de seguridade, ancoraxes, materiais utilizados, protección contra caídas, etc), así como a cubrición dos mesmos, ou a colocación de elementos de xogo coma columpios, tobogáns ou balancíns que garantan a seguridade dos cativos.

"Ademais, moitas destas instalacións contarán con novos xogos inclusivos, adaptados para nenos e nenas con diversidade funcional ou problemas de mobilidade", segundo explicou o presidente, que destacou que "a inclusión e a supresión de barreiras arquitectónicas son cuestións transversais que a Deputación ten en conta en todos os seus plans e proxectos".

González Formoso sostivo que "o Plan Único está demostrando ser unha ferramenta útil para atender as necesidades dos concellos coruñeses". Cun investimento histórico que xa supera os 243 millóns de euros no período 2017-2019, o POS+ financia actualmente 1.146 obras de mellora de infraestruturas nos 93 concellos da provincia, entre as que se atopan este medio centenar de recreo infantil.

Concellos coma Ames, Cambre, Culleredo, Narón ou Boiro destinan os fondos do Plan Único a realizar importantes investimentos na mellora de varios parques e espazos de lecer no municipio, mentres que outros optaron por concentrar o investimento en un ou dos parques municipais.

1.146 obras que contribúen a mellorar as infraestruturas locais

Construción de parques infantís, proxectos de humanización e recuperación de rúas e espazos públicos, melloras en infraestruturas educativas ou deportivas municipais, creación de xardíns e zonas verdes, rehabilitación de locais sociais e veciñais, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público son algunhas das 1.146 obras financiadas con cargo ao Plan Único (POS+) nos 93 concellos da provincia da Coruña.

 

 

 

 

CAMBRE

Ampliación e reforma parque infantil oeste da Barcala

103.653,95€

Ampliación e reforma parque infantil Praza. M. Lugrís, O Temple

133.546,42€

Espazo exterior e interior Praza 1º de maio. A Barcala

240.951,43€

Mellora parque infantil e pista polideportiva Balastreira

37.445,91€

TOTAL

515.597,71 €

                       

 

 

CULLEREDO

Cubrición parque Tierno Galván

187.913,00€

Renovación parques infantís Centro social de Orro

41.965,21€

Renovación parque infantil Rúa dos Templarios

56.427,87€

Cubrición parque das Brañas

93.201,40€

TOTAL

379.507,48€

 

 

IRIXOA

Parque infantil e biosaudable Verís, Churío e A Viña

51.562,15€

TOTAL

51.562,15€

 

 

MIÑO

Reforma e adaptación parque infantil de Bañobre

57.617,96€

TOTAL

57.617,96€

 

 

OZA-CESURAS

 

 

Xogos para parques do CEIP de Forte-Bragade

19.831,62€

TOTAL

19.831,62 €

           

 

COMARCA DE SANTIAGO

 

AMES

Adaptación seis parques infantís Concello de Ames

31.895,84€

Cubrición xogos parque infantil Agro da Vella (Milladoiro)

190.393,60€

Cubrición área xogos, parque infantil praza Chavián

189.775,83€

TOTAL

412.065,27€

 

 

ARZUA

Ampliación do parque infantil Arzúa

104.802,43€

TOTAL

104.802,43€

 

 

PADRON

Parque público no Campo da Barca

37.592,81€

TOTAL

37.592,81€

 

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Equipamentos deportivos e de ocio en Lavacolla

181.111,66€

Acondicionamento contorna no centro sociocultural da Gracia

286.540,10€

TOTAL

467.651,76€

 

COMARCA DE BARBANZA

 

BOIRO

Parque infantil Bealo e Sandrenzo

30.510,00€

Instalación elementos biosaudables e rocódromo Praia Xardín

45.175,18€

Espazos lecer en Bealo, Beluso, Amean, Montaña

83.346,43€

TOTAL

159.031,61€

           

 

CARNOTA

Parque infantil en Lariño

32.286,88€

TOTAL

32.286,88€

           

 

MAZARICOS

Parques na Gueima e Ponteolveira

36.000,00€

Acondicionamento e espazos libres Picota e San Cosme

44.994,21€

TOTAL

80.994,21€

                                              

 

RIANXO

Remodelación de parques infantís na Torre

165.318,69€

Renovación de parque infantil no CEIP-ADR Castelao

58.544,64€

TOTAL

223.863,33€

 

 

RIBEIRA

Parque infantil e parque biosaudable nos Muiños

70.615,55€

TOTAL

70.615,55 €

 

 

COMARCA DE FERROL

 

CABANAS

Mellora instalación e mobiliario urbano no parque do Areal

88.165,08€

TOTAL

88.165,08 €

           

 

CEDEIRA

Parque auga e tirolina no parque C. Real Magdalena

126.012,82€

TOTAL

126.012,82€

 

 

MOECHE

Equipamento parques en San Xoán de Moeche

18.000,00€

Equipamento parques municipais en San Xoán

10.000,00€

TOTAL

28.000,00 €

 

 

NARON

Montaxe de parque infantil en Piñeiros

50.999,31€

Parque infantil en zona verde do río Freixeiro

18.332,81€

Parque infantil tanque de tormentas

22.387,38€

Montaxe dun parque multiactividades en Xuvia

41.872,29€

Pavimento de seguridade parques infantís da Praza de Galicia

162.959,19€

TOTAL

326.257,91€

           

 

NEDA

Parque recreativo de Subarreiros

106.585,11€

TOTAL

106.585,11€

 

 

PONTEDEUME

Parque infantil en urbanización Olmo

32.311,36€

Obras de mellora do parque infantil de Centroña

38.883,02€

TOTAL

71.194,38€

 

 

SOMOZAS

Obras complementarias contorna parque público nas Somozas

36.630,67€

TOTAL

36.630,67€

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS

 

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Mellora parque infantil pista polideportiva rua Patria Galega

82.013,42€

TOTAL

82.013,42€

 

 

VIMIANZO

Parque infantil Berdoias e área recreativa Ogas

37.605,80€

TOTAL

37.605,80€

Páxinas suxeridas