Estás en:Novas

A Deputación entrega unha nova furgoneta a ASFEDRO

A Deputación entrega unha nova furgoneta a ASFEDRO

A Deputación da Coruña entregou hoxe á Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO) unha furgoneta para o traslado dos usuarios do centro de desintoxicación e a comunidade terapeútica que a entidade xestiona en Ferrol.
O vehículo foi entregado pola deputada responsable da Área de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, aos representantes de Asfedro Francisco Varela, Irene Toimil e Tito Núñez, que agradeceron a colaboración da institución provincial para poder ofrecerlles aos usuarios dos seus centros un servizo de transporte moi necesario para acudir a distintas actividades terapeúticas, citas médicas, etc.
ASFEDRO é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con máis de 30 anos de traxectoria prestando asistencia integral e profesional ás persoas con problemas de consumo de drogas e alcohol.

Páxinas suxeridas