Estás en:Novas

O Plan Único inviste 6,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas deportivas de 35 concellos da provincia

Máis dun terzo dos concellos coruñeses financian un total de 51 obras en campos de fútbol, polideportivos e piscinas municipais co apoio económico da Deputación

González Formoso destaca a ampla demanda de obras en instalacións deportivas dentro dun programa que se adapta ás necesidades dos concellos e lles permite decidir en que investir os fondos provinciais

O Plan Único inviste 6,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas deportivas de 35 concellos da  provincia

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia cun investimento de 6.571.770 euros un total de 51 obras de construción ou renovación de infraestruturas deportivas en 35 concellos da provincia da Coruña. A este importante cifra hai que sumar outros 772.431 euros que os municipios achegan para completar algúns dos investimentos, que en conxunto alcanza os 7,3 millóns de euros.

Máis dun terzo dos 93 concellos da provincia optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos de creación, ampliación ou renovación das instalacións municipais destinadas á práctica do deporte coma campos de fútbol, polideportivos, ximnasios ou piscinas municipais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que o elevado número de actuacións neste eido "amosa que hai un interese por parte dos concellos coruñeses para mellorar as súas infraestruturas deportivas. Unha necesidade que a Deputación está contribuíndo a satisfacer cun programa coma o Plan Único, que se adapta ás súas necesidades e que lles permite decidir en que investir os fondos provinciais".

González Formoso destacou que "ademais de contribuír a mellorar as infraestruturas deportivas municipais, a Deputación leva a cabo unha importante labor de promoción do deporte na provincia en todos os seus ámbitos, dende o deporte de base aos grandes eventos deportivos", destinando preto de 1 millón de euros anuais para a contratación de técnicos deportivos nos concellos, impulsando programas que subvencionan a actividade de centos de clubs coruñeses de diferentes disciplinas e categorías deportivas ou creando bolsas que permiten aos deportistas da provincia da Coruña participar en competicións nacionais e internacionais, entre outras.

243 millóns para financiar 1.146 obras nos concellos

Cun investimento histórico que xa supera os 243 millóns de euros no período 2017-2019, o POS+ financia actualmente 1.146 obras de mellora de infraestruturas nos 93 concellos da provincia, entre as que se atopan as 51 instalacións deportivas mencionadas, pero tamén proxectos de humanización e recuperación de rúas e espazos públicos, creación de xardíns e zonas verdes, rehabilitación de locais sociais e veciñais, construción de parques infantís, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou instalación de novos sistemas de alumeado público.

O Plan Único permite ademais que os concellos destinen parte dos fondos a amortizar a débeda municipal, pagar facturas pendentes ou financiar parte do gasto corrente de servizos básicos municipais coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria.

 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS FINANCIADAS POLO PLAN ÚNICO (POS+2017 e POS+2018) NA PROVINCIA DA CORUÑA

 

 

COMARCA DA CORUÑA

 862.306,74 €

 

BETANZOS

Pistas deportivas As Minas, O Sapeiro, O Xuncaliño e Guiliade

116.821,83 €

TOTAL

116.821,83 €

CAMBRE

Reforma pistas polideportivas cubertas dos Campós (Sigrás) e Bernardo Bish (Brexo)

87.517,96 €

TOTAL

87.517,96 €€

CARRAL

Adecuación e reforma pavillón polideportivo municipal O Espiño

54.182,20 €

TOTAL

54.182,20 €

CULLEREDO

Conservación e acondicionamento polideportivo de Tarrío

72.552,09 €

Acondicionamento polideportivo descuberto Paseo Marítimo do Burgo

152.975,15 €

Acondicionamento polideportiva descuberta da Praza Europa

79.238,65 €

TOTAL

304.765,89 €

OLEIROS

Cuberta bancada campo de fútbol Leonardo Macedeira

67.769,65 €

TOTAL

67.769,65 €

SADA

Impermeabilización cuberta pavillón colexio de Mondego

89.968,27 €

Cubrición pista polideportiva en Mondego (Fase I)

141.280,94 €

TOTAL

231.249,21 €

 

 

 

COMARCA DE COMPOSTELA-

2.140.123,89 €

 

A BAÑA

Reforma de piscina en San Vicente

73.546,68 €

TOTAL

73.546,68 €

BRIÓN

Substitución cuberta pavillón municipal de deportes de Lamiño

101.569,78 €

Mellora acústica pavillón municipal de deportes de Lamiño

79.050,51 €

TOTAL

180.620,29 €

MESÍA

Pista polideportiva na Vila (Castro)

57.511,08 €

TOTAL

57.511,08 €

OROSO

Cuberta da piscina municipal de Oroso

210.475,91 €

TOTAL

210.475,91 €

PADRÓN

Pista multideporte no Campo de Souto

39.237,81 €

TOTAL

39.237,81 €

SANTA COMBA

Remodelación do campo de fútbol de Fontenla

417.765,79 €

TOTAL

417.765,79 €

SANTIAGO

Pista polideportiva multiusos no Carregal

140.000,00 €

Mellora equipamentos deportivos e sociais parroquia de Figueiras

292.083,71 €

Cuberta da pista polideportiva de Verdía

150.000,00 €

TOTAL

582.083,71 €

TEO

Céspede artificial e rego campo de fútbol de Calo

312.757,34 €

TOTAL

312.757,34 €

 

           

TRAZO

Substitución cuberta polideportivo municipal

72.814,24 €

TOTAL

72.814,24 €

VEDRA

Renovación céspede artificial campos de fútbol Coto e San Mamede

193.311,04 €

TOTAL

193.311,04 €

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS/ COSTA DA MORTE

1.148.758,77 €

 

CARBALLO

Reforma e ampliación vestiarios no campo de fútbol O Periscal – Sofán

546.549,64 €

TOTAL

546.549,64 €

CEE

Obras de reparación na piscina municipal de Cee

182.235,88 €

TOTAL

182.235,88 €

CERCEDA

Ampliación do complexo deportivo González Laxe

243.824,72 €

TOTAL

243.824,72 €

ZAS

Substitución céspede no campo de fútbol de San Andrés

176.148,53 €

TOTAL

176.148,53 €

 

 

COMARCA DE FERROLTERRA/ORTEGAL

1.627.960,96 €

CERDIDO

Reforma piscina e mellora polideportivo municipais

15.346,70 €

TOTAL

15.346,70 €

FENE

Reforma da pista polideportiva de San Valentín

76.723,78 €

TOTAL

76.723,78 €

MONFERO

Acondicionamento campo de fútbol do Xestal

26.702,92 €

Iluminación do campo de fútbol do Xestal

18.203,90 €

TOTAL

44.906,82 €

MUGARDOS           

Vestiarios accesibles campo municipal da Pedreira

120.067,22 €

TOTAL

120.067,22 €

ORTIGUERA

Acondicionamento ximnasio e protección incendios CEIP “J.M. Lage”

117.030,04 €

Melloras na pavillón polideportivo municipal

47.944,99 €

Arranxo da cuberta da piscina de Ortigueira

69.000,01 €

TOTAL

233.975,04 €

PONTEDEUME

Renovación cuberta do pavillón A Casqueira

168.781,46 €

TOTAL

168.781,46 €

AS PONTES

Campo de herba artificial poboado das Veigas

649.134,57 €

TOTAL

649.134,57 €

 

AS SOMOZAS

Acondicionamento piscina pública das Somozas

86.100,30 €

TOTAL

86.100,30 €

VALDOVIÑO

Instalación de herba artificial no campo de fútbol de Mourente

232.925,07 €

TOTAL

232.925,07 €

 

 

COMARCA DE BARBANZA

792.619,69 €

 

MAZARICOS

Mellora na parcela de equipamentos con uso deportivo de Pino de Val

56.156,10 €

TOTAL

56.156,10 €

MUROS

Ampliación vestiarios do campo de fútbol Eleuterio Balayo

59.998,50 €

Pavimentación pista polideportiva de Miraflores

45.844,84 €

Conservación estruturas campos de fútbol de Louro e Esteiro e do Club de remo de Esteiro

112.540,68 €

Mellora de accesos e saídas de evacuación no campo de fútbol Eleuterio Balayo

44.998,50 €

TOTAL

263.382,52 €

OUTES

Reforma vestiarios no campo de fútbol de Outes

70.149,62 €

Sala de actividades na piscina municipal de Outes

90.499,86 €

TOTAL

160.649,48 €

POBRA DO CARAMIÑAL

Módulo cuberto de atletismo no estadio da Alta

130.766,52 €

TOTAL

130.766,52 €

 

RIANXO

Vestiarios no campo de fútbol A Lomba

103.997,69 €

TOTAL

103.997,69 €

RIBEIRA

Pavimentación dos campos de fútbol de Aguiño e Carreira

47.441,93 €

Peche do campo de fútbol de Oleiros, impermeabilización do polideportivo de Artes e pintado pista de atletismo “A Fieiteira”

30.225,45 €

TOTAL

77.667,38 €

 

TOTAL: 6.571.770,05 €

Páxinas suxeridas