Campaña de Inverno da Deputación da Coruña
As excursións á neve, para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos dos concellos coruñeses, desenvolveranse entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro na estación invernal de Cabeza de Manzaneda
As viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) desenvolveranse entre o o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro para fomentar a práctica do esquí
Nesta nova edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de tres días de duración cada unha.
Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.
As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
Quendas
As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas:
1ª QUENDA
(do 25/01/19 ao 28/01/19) |
Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia , Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra |
2ª QUENDA
(do 1/02/19 ó 4/02/19) |
Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba |
3ª QUENDA
(do 8/02/19 ó 11/02/19) |
Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño |
4ª QUENDA
(do 15/03/19 ó 18/03/19) |
Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar |
5ª QUENDA
(do 22/02/19 ó 25/02/19) |
Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas |