Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste 4,3 millóns de euros na mellora das instalacións educativas e socioculturais dos concellos da provincia

Co apoio do plan provincial, 24 concellos coruñeses financian un total de 38 obras en escolas, casas da cultura e locais sociais e veciñais

González Formoso destaca a "importante repercusión social" destas obras, que axudan a a fixar poboación no rural ao permitir que municipios conten con instalacións educativas e sociais modernas e acordes ás súas necesidades.

O Plan Único da Deputación inviste 4,3 millóns de euros na mellora das instalacións educativas e socioculturais dos concellos da provincia

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia cun investimento de 4.371.488,29 euros un total de 38 obras de construción ou renovación de instalacións educativas e socioculturais en 24 concellos da provincia da Coruña. A este importante cifra hai que sumar outros 2.201.696 euros que os municipios achegan para completar algúns dos investimentos, que en conxunto supera os 6,5 millóns de euros.

Máis dun cuarto do total dos concellos da provincia optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos de creación, ampliación ou renovación das instalacións municipais destinadas a actividades docentes, sociais ou culturais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, detallou que o Plan Único está contribuíndo a mellorar as instalacións de escolas e centros educativos coma a escola unitaria de Brens (Cee), o colexio infantil de Sigüeiro (Oroso), os CEIP Unión Mugardesa e Santiago Apostol (Mugardos), a escola infantil da Barosa (As Pontes) ou o CEIP Barrié de la Maza (Sada).

Asemade, Formoso explicou que o POS+ financia tamén obras de recuperación de antigas instalacións docentes para ser destinadas a outros usos sociais ou culturais coma o CEIP Emilio Navasqües de Outes, a escola laica de Cabanas, a escola infantil de Nogueirosa (Pontedeume), a antiga escola de música de Cee, ou o centro de formación ocupacional de Osedo (Sada).

Máis de 20 centros cívicos, locais sociais e veciñais, casas da cultura e edificios de usos múltiples de todas as comarcas da provincia están tamén a ser renovados co apoio económico da Deputación da Coruña, a través do Plan Único "o maior programa de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, cun orzamento que en apenas dous anos supera os 243 millóns de euros e que se adapta ás necesidades dos concellos, pois permite que sexan os propios municipios os que decidan cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que lles achega a Deputación", explicou González Formoso.

O presidente provincial subliñou a "importante repercusión social" destas obras, que ademais de mellorar as infraestruturas locais axudan a fixar poboación no rural ao permitir que municipios conten con instalacións educativas e sociais modernas e adaptadas ás súas necesidades.

243 millóns para financiar 1.146 obras nos concellos

Cun investimento histórico que xa supera os 243 millóns de euros no período 2017-2019, o POS+ financia actualmente 1.146 obras de mellora de infraestruturas nos 93 concellos da provincia, entre as que se atopan as 38 instalacións socioculturais mencionadas, pero tamén proxectos de humanización e recuperación de rúas e espazos públicos, creación de xardíns e zonas verdes, construción de parques infantís, mellora de instalacións deportivas, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou instalación de novos sistemas de alumeado público.

O Plan Único permite ademais que os concellos destinen parte dos fondos a amortizar a débeda , pagar facturas pendentes ou financiar parte do gasto corrente de servizos básicos municipais coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria.

 

 

COMARCA DA CORUÑA- BETANZOS

 

BETANZOS

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Mellora patrimonio: Liceo, C.

Cultural Sto. Domingo

19.959,57€

64.900,74€

84.860,31€

Reparación e mantemento pasarela

metálica Pasatempo 1ª fase

 

216.356,57€

216.356,57€

TOTAL

19.959,57€

281.257,31€

301.216,88€

                       

CAMBRE

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Casa da cultura de Cambre. Fase I

1.539.999,98€

260.000,00€

1.799.999,98€

TOTAL

1.539.999,98€

260.000,00€

1.799.999,98€

 

CULLEREDO

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Reforma interior 1ª andar edificio usos múltiples

 

105.522,96€

105.522,96€

TOTAL

 

105.522,96€

105.522,96€

 

SADA

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Conservación e mantemento Capela de San Roque

 

60.204,18€

60.204,18€

Reforma centro municipal formación ocupacional Osedo

81.780,40€

167.931,60€

249.712,00€

Ampliación e acondicionamento zona xogos CEIP Barrie da Maza

 

70.000,00€

70.000,00€

TOTAL

81.780,40€

298.135,78€

379.916,18€

 

 

 

COMARCA DE COMPOSTELA

 

 

SANTIAGO

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Edificio multiusos na Lavacolla

 

312.324,18€

312.324,18€

TOTAL

 

312.324,18€

312.324,18€

           

OROSO

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Paso cuberto terreos colexio infantil Sigüeiro

 

82.644,80€

82.644,80€

TOTAL

 

82.644,80€

82.644,80€

 

  

COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL

 

           

ARES

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Edificio municipal para usos comunitarios

28.256,23€

79.954,87€

108.211,10€

TOTAL

28.256,23€

79.954,87€

108.211,10€

 

CABANAS

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Reparación edificio da escola laica 2ª fase

 

99.828,17€

99.828,17€

Reparación edificio da escola laica 1ª fase

 

88.061,16€

88.061,16€

TOTAL

 

187.889,33€

187.889,33€

 

CEDEIRA

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Rehabilitación Casa Avelino Fase 1ª

 

213.396,25€

213.396,25€

TOTAL

 

213.396,25€

213.396,25€

 

FERROL

 

Achega concello

Dep Fond Prop

TOTAL

Acondicionamento local social para asociación cultural rúa Alv. de Sotomaior 8

 

 

54.566,87€

 

54.566,87€

TOTAL

 

54.566,87€

54.566,87€

 

 

Páxinas suxeridas